«A situación económica do concello de Narón é boa» (Pablo Villamar)

pablo-villamar-1-120215

Pablo Villamar é concelleiro en Narón. Leva a concellería de Promoción Económica.
Un home que continúa en postos representativos, desde o BNG, como xa foi o de ostentar a vicepresidencia de Deputación Provincial, no tempo do bipartito na institución provincial entre o PSdG-PSOE e o BNG.

Agora xa está nas portas dás eleccións municipais do mes de maio nas que figura como número un na candidatura nacionalista polo concello naronés.

Diplomado en relacións laborais pola Universidade de Santiago de Compostela, é técnico de organización da empresa Navantia, accedeu ao mundo da política cara ao ano 1977.

Dentro dás entrevistas que Galicia Ártabra ven mantendo con responsábeis municipais de Narón recíbenos no seu despacho e así contesta ás preguntas abertas, sen cuestionario.

SITUACIÓN ECONÓMICA ACEPTABLE

-GAD- A primeira pregunta é obrigada ¿cal  é a situación do Concello neste momento?

-PV- «A situación en xeral… o Concello de Narón non é alleo á situación de crise na que estamos a vivir na nosa comarca, no noso país e incluso no Estado, e polo tanto estamos nunha situación económica, a pesar da crise, diría que aceptable. Porque vimos de superar unha situación que era preocupante, como o BNG dixo xa durante a pasada campaña electoral e por iso ademais collemos a responsalidade de levar a facenda.  A situación é estable, sostible, aceptable, e por outro lado iso fixo que tiveramos que actuar sobre certas partidas, sobre certos gastos para facer mais con menos, e fundamentalmente atender todo o que ten que ver cos servizos sociais, iso si que foi algo ao que lle dedicamos máis recursos e que defendemos porque iso está no ADN do BNG».

-GAD- Os orzamentos do ano 2015, van a baixa…

-PV- «Bo, baixaron con respecto aos anos onde existía un certo boon urbanístico, construtivo. Si que é verdade que baixamos con respecto ao mellor presuposto do Concello de Narón que estivo en torno aos 34 millóns e efectivamente estamos nuns orzamentos de 28 millóns. Os ingresos son menores basicamente por dous motivos, porque diminuíron os ingresos por licencias urbanísticas e porque tamén diminuíron os ingresos de outras administracións».

NA CORPORACION ANTERIOR  HABIA FACTURAS SIN PAGAR

-GAD- Sen embargo hai diñeiro, por exemplo, para o saneamento do Cadaval a Xuvia; para montar un parque de bombeiros, pero… ¿hai diñeiro o non o hai?

-PV- «Bo, neste momentos a situación económica é boa, aceptable, nos partimos dunha situación onde o goberno anterior estaba nun endebedamento bancario en torno aos 12 millóns, hoxe  a situación e soamente de 12 millóns, existía una situación onde había facturas sen pagar que estaban en 2 millóns 600 mil euros máis ou menos,  e todo iso foi atendido e fomos capaces de pagalo.

Moitas veces cando se fala de que en Narón non se fai inversión… negoo, no sentido de que efectivamente estamos construíndo menos, estamos facendo menos obra pública, e verdade, pero estamo pagando o que inauguraron outros, e moi bonito inaugurar pero quen o está pagando somos nos. Cando entrei como concelleiro de facenda debíamos 12 millóns que eran desas obras que outros inauguraron pero que agora estamos pagando, fomos capaces de atendelos e pagar a débeda sin recortar servizos sociais, polo tanto en certa maneira estamos invirtindo agora mesmo».

 -GAD-¿Pero los que deixaron débedas foron… son os de TEGA porque levan sempre no goberno de Narón?

-PV- «Vamos a ver… efectivamente, no goberno anterior estaban Terra Galega e o Partido Popular, ese era o goberno da etapa anterior e hai, houbo, e díxeno sempre, existía un endebedamento, unhas facturas sen pagar que era responsabilidade dese goberno, claro que sí».

SANEAMENTO

 -GAD- Saneamento… ¿Por qué vostedes dixeron non a o tema do Cadaval-Xuvia e si non chega a votar a favor o PP ese proxecto non podería saír adiante economicamente?

 -PV- «Sairía avante igual, Si o PP se abstén aprobaríase exactamente igual, esa é unha cuestión que comentan os do Partido Popular.

En primeiro lugar o que deben saber os veciños e veciñas de Narón é que cando se aprobou co voto de Terra Galega, do Partido Popular, de Converxencia, estaban aprobando que iso o van a pagar os veciños, polo tanto iso é o que vai a financiar o saneamento, de ahí sae o diñeiro, das taxas dos veciños.

Eses que din que non van a subir os impostos e os tributos  son os que votaron  a favor de iso, e por certo co diñeiro que se vai a aportar si o gastáramos  fariamos gran parte do saneamento de Narón que nos compete facelo a nosoutros, porque  o que deben saber e sei que o saben os veciños de Narón e sei que o saben tamén  os do PP, e o resto dos grupos é que ese saneamento foi declarado de interese xeral, o colector  e polo tanto competencia do goberno central igual que o é noutros lugares do resto do Estado, por certo onde os veciños non tiveron que poñer nin un euro, e esa é a miña ¿Por qué os naroneses e naronesas teñen que pagar algo de interese xeral que noutros concellos do Estado español o paga o goberno central? ¿qué castigo teñen os naroneses e naronesas para ter que pagar iso?

Esa sería a explicación do noso voto en contra. Creemos que se discrimina aos naroneses e naronesas e porque creemos que de una maneira touticeira e oculta se están subindo as taxas».

 -GAD- ¿Entón como califica a actuación de TEGA neste asunto? En principio dixo que non iban a poñer ni un chico e despois viraron completamente. Son os seus compañeiros no gobernó.

-PV- «Si, son os nosos compañeiros no goberno. Nos xa votamos que non, non entendemos a postura de Terra galega nin a postura do resto dos grupos políticos que votaron a favor. Creemos que en este caso quen mellor defende os intereses dos veciños e veciñas de Narón é o BNG».

-GAD- E seguimos co saneamento… en Sedes vai levar adiante esa tarea pero os veciños piden que o que vai a aforrar o Concello, porque o paga a Deputación xunto coa mellora da estrada, debería invertirse na traída de augas…

-PV- «Hai que recordar en primeiro lugar porqué executa a Deputación esta obra. O Concello de Narón ten presentado un contencioso coa Deputación pola discriminación que se lle fixo ao noso Concello nun reparto de convenios nos que non se nos concedeu nada.

Hai que dicir que se produxeron una serie de negociacións, das que tamén eu tomei  eu formei parte, onde estaban sentados o señor Miguel de Santiago e o señor  Blanco e foi alí onde saleu a realización desta obra, que a Narón había que atendelo. Era una obra retrasada no tempo na que se incluía o saneamento e se tratou que dentro das melloras que puideran facer as empresas para a adxudicación tamén puidera estar a acometida da auga. Esa é a situación actual na que está. Eu entendo que debería facerse todo ao mesmo tempo».

CENTRO DE SÁUDE

 -GAD.-Falamos de diñeiro… Centro de Saúde. Vostedes mercaron xa o terreo e o puxeron a disposición da Xunta… ¿como está o tema?

-PV.- «E importante facer memoria. No ano 2008 firmouse un protocolo, nese momento gobernaban no Concello TEGA e PP. Y na Xunta gobernaba o bipartito na Xunta de Galicia, concretamente o conselleiro de sanidade era do PSOE. Se firma o protocolo e se adquiren unha serie de compromisos, os da Xunta eran a construción do Centro, os do Concello eran a adquisición dos terreos e unha colaboración económica do mesmo. No ano 2011 en novembro, o BNG entra a cogobernar no Concello de Narón e digamos que realmente nese momento o único traballo que estaba mais ou menos feito era a adquisición dos terreos . Teño que recordar ademais que a señora Ánxeles Díaz era parlamentaria galega, portavoz da área de sanidade, mire que causalidade, e a vez membro do goberno local. Xa o BNG lle fixo repetidas preguntas polo retraso que levaba o centro de Saúde e ela pois dicía que non estaban postos a disposición da Xunta isos terreos,… é dicir en Narón dicía unha cousa e no Parlamento outra moi distinta.

No 201s, en xaneiro, puxéronse os terreos a disposición da Xunta, se lle comunicou y ata pasados meses despois a xunta dixo que faltaba un papel no rexistro. É verdade, non estaba todo rematado por una cuestión burocrática do rexistro. A día de hoxe, xa fai case un ano desto xa esta todo entregado e por parte do Concello e a Xunta houbo conversas para un novo protocolo que foi acordado polas dúas partes, se retocou y estamos esperando a que nos diga a Xunta que facemos, e ademais… no presuposto deste ano Narón xa meteu 100.000 euros para colaborar na redacción do proxecto. A Xunta está desaparecida, non sabemos absolutamente nada, iso é o que hai sobre o centro de Saúde e nos parece, outra máis, una discriminación para cos veciños e veciñas de Narón».

E ata aqui a primeira parte da entrevista, de seguido pubricaremos a segunda onde pablo Villamar nos fala do tema dos Bombeiros, a proposta do PP sobre a casa da Gardia Civil, a lexislatura con TEGA, a oposición e outros temas mais.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …

Un comentario

  1. que entrevista mas interesante, de cuanto nos hemos enterado los vecinos de naron , primero que se deben 12 millones de euros casi nada y que cuando había 34 millones de presupuesto no se pagaban las facturas muy bien sr blanco usted y el sr gato ¿en que se gastaron tanto dinero para no pagar las facturas ? el milagro de tega se desmorona si no hay chanchullos urbanísticos