«Volveríamos a gobernar con TEGA pero en función dun programa electoral» (Pablo Villamar)

pablo-villamar-2-120215

(II parte. A primeira, con data 16-2-20015, sección Narón)

Pablo Villamar é concelleiro en Narón. Leva a concellería de Promoción Económica.
Un home que continúa en postos representativos, desde o BNG, como xa foi o de ostentar a vicepresidencia de Deputación Provincial, no tempo do bipartito na institución provincial entre o PSdG-PSOE e o BNG.

Agora xa está nas portas das eleccións municipais do mes de maio nas que figura como número un na candidatura nacionalista polo concello naronés.

Diplomado en relacións laboráis pola Universidade de Santiago de Compostela, é técnico de organización da empresa Navantia, accede ao mundo da política cara ao ano 1977.

Dentro das entrevistas que Galicia Ártabra ven mantendo con responsábeis municipais de Narón recíbenos no seu despacho e así contesta ás preguntas abertas, sen cuestionario.

 O TEMA DOS BOMBEIROS

GAD- O alcalde de Ferrol volveu a dicir que hai disposición a estar con boas relacións con Narón no tema dos bombeiros. ¿Vostede pensa que houbo una mala xestión desde asunto?

-PV- «Eu non vou a entrar a valorar as palabras do alcalde de Ferrol, eu o que valoro son os feitos. “Polos seus feitos os coñeceredes” creo que dicía a Biblia. A realidade foi que o concello de Narón en repetidas ocasións  en reunión con Ferrol comentou as deficiencias do convenio que tíñamos firmado. Pero iso non o din os políticos de Narón, o din os técnicos, que non se cumpría economicamente, e tanto é así que nos fixemos unhas liquidación onde eran menores ao convenio porque non se estaba cumprindo, incluso sobre o tema da escaleira que acaba de entregarse estes días. Non se cumpría en persoal, e aquí digo que outra cousa é que os bombeiros de Ferrol son unhas grandes profesionais, pero esa é a realidade.

A Narón non lle quedou máis remedio que montar o seu propio servizo de emerxencias. Por certo, Narón é o único concello que non estaba dentro do plan de emerxencias da Xunta de Galicia, o único. O grupo nos vai a costar o que estábamos pagando polo convenio con Ferrol e por outro lado  o Concello solicitou que nos integren dentro do Consorcio de Emerxencias.

Narón será atendido, como non podía ser doutra maneira, por ese Consorcio».

-GAD- De todos modos vostede que é o dos cartos.. iso vai supoñer para Narón unha forte inversión.

-PV- «O importe mais importante que poderiamos ter sería si mercaramos un camión escaleira, das características que ten o de Ferrol. Pero en todo caso non vai a supoñer un incremento económico, ademais o Consorcio de Emerxencias ten que colaborar con Narón como fai co resto dos concellos a todas esas necesidades.

Hai una cuestión moi clara, o servizo que tiñamos antes non era bo,  non polos bombeiros, senón porque a o mellor non había as persoas de garda que tiña que haber como se manifestou … houbo casos de que a pesar do convenio tivemos que acudir aos bombeiros de As Pontes, e claro ¿Qué servizo era ese? ¿Cal é ese gran servizo que van a perder os naroneses?».

O TEMA DA CASA-CUARTEL

-GAD- Un tema de actualidade… que leva a traer e levar a proposta do PP sobre a antiga casa-cuartel da Garda Civil…

-PV- «Non quero entrar en discusións entre o PP e TEGA. Eu son dunha organización política qué é o BNG que cogobernamos con os outros grupos, pero iso non quere dicir que eles apoian todo o que di o BNG nin nos o que eles din., temos as nosas discrepancias e os nosos puntos de acordo.

O cuatripartito de Narón penso que funcionou normalmente ben, sin moitas discrepancias,  tal vez no tema do saneamento e a maior.

Estamos en épocas de promesas, inda que o BNG non as fixo nin has fai.

O tema das mulleres maltratadas é moi delicado, e case me atrevería a dicir que ese sitio non vale porque, dentro do meu coñecemento.., non é moi habitual que unha muller maltratada se diga onde está vivindo, incluso que resida no mesmo concello… debe buscarse un lugar onde o maltratador non poida coñecer onde está a maltratada, e desde ese punto de vista xa é un disparate, pero o papel o aguanta todo e as promesas electorais so aguantan o que lles boten.

Creo que non é a maneira de tratar ese tema».

-GAD- ¿Realmente foi fácil esta lexislatura para o BNG gobernando con Terra galega, PSOE e Converxencia?

-PV- «Pois si, foi relativamente fácil. Hai que recoñecer que partimos de postulados diferentes, que estamos nunha situación difícil, de crise, e polo tanto todos fixemos esforzos por entendernos, y e o BNG en moitos aspectos pois cedeu, iso é asi, eu seguramente si o BNG tivera maioría absoluta que é o que todos desexamos, fariamos outras políticas, seguramente nunca firmaríamos o convenio de saneamento. Cedemos todos, os demais tamén. Nós somos dous e polo tanto tampouco se nos escapa  a idea de que hai  grupos que teñen mais e polo tanto mais peso no goberno e iso supón que temos que ceder mais que outros, tamén somos capaces de entendelo, é de sentido común».

O PARTIDO POPULAR NON COLABOROU

-GAD- ¿E a oposición?

PV- «Bo, a oposición… a ver… o Partido Popular pois non sei como definilo. Non colaborou, partimos dunha situación  onde víñamos dunha situación onde eles eran participes, eles cogobernaron e non colaboraron e despois facían propostas para Narón que no resto da comarca, do pais e do Estado non facian».

-GAD- Inda que algún membro do cuatripartito dicía… «ao PP nin auga”.

-PV- «Non sei quen dixo iso, non recordo escoitalo, pero desde o BNG manifestei sempre que estiven aberto a todo, os presupostos en Narón se aprobaban en decembro, agora en novembro, o do 2015 o tiveron un mes antes  para o seu estudo, cando gobernaba o PP  nos daban a documentación para ditaminala en tres días. Non coincidimos ideoloxicamente co PP, temos moitas discrepancias pero por suposto entendemos que eles tamén son representantes dos veciños e veciñas de Narón e sempre os animamos a que viñeran a preguntar cando quixeran.e viñeron en algúns casos».

O BNG EN PROCESO DE RECUPERACIÓN

-GAD- Campaña e perspectivas para o BNG a uns meses das eleccións.

-PV- «O BNG… as perspectivas vexo… a todo o mundo gústalle ter maioría absoluta, a min me gustaría ser alcalde do meu concello, supoño que calquera persoa que se presenta á política pois é ese o seu desexo, e o meu tamén, pero debo entender que o cidadán vota e..é mellor para o que logre a maioría, pero … é verdade tamén que no BNG tivemos problemas, aquí houbo non concretamente no Concello de Narón, excisións, houbo persoas que se marcharon e que polo tanto o BNG sufriu. Penso que estamos xa nun proceso de recuperación, seguramente as municipais están ahí e aínda non se vai a ver esa recuperación totalmente pero creo que o BNG vai ter uns resultados razoables».

 RENOVAR  GOBERNO TEGA-BNG

-GAD- Segundo as enquisas, de Terra Galega,… van volver a lograr maioría e poderían de novo renovar o acordo co BNG. ¿O BNG renovaría ese goberno con TEGA?

-PV- «O BNG entrou a gobernar neste mandato no mes de novembro, as eleccións foron en maio, no seu momento xa se nomeou un goberno e nos  non entramos en novembro por casualidade , foi porque nos tomamos un tempo tanto TEGA como o BNG para poñer por escrito que era o que íamos a facer, e dicir … vamos a ver os resultados e en función o que decidan os cidadáns veremos as posibilidades que existen de darlle a Narón un goberno estable, volveríamos pero en función dun programa electoral e onde o BNG se comprometerá a traballar como xa o fixemos durante os catro anos».

-GAD- ¿E esa campaña..?

-PV- «Queremos Narón é unha programación que ten feito o BNG que como xa todo o mundo sabe en ás próximas eleccións municipais vaise presentar como “BNG-asembleas abertas” e polo tanto, cousa que xa fixemos en outras ocasións, estamos tratando de integrar na candidatura a persoas simpatizantes con nós, nacionalistas, persoas que creen que somos a ferramenta axeitada para facer política en Narón pois  estamos realizando asembleas abertas, buscando a súa colaboración, a súa complicidade, para facer  a candidatura e para que participen no programa electoral que imos presentar.

Pero nos pareceu interesante encher todo iso de temas que nos son habituais en outras organizacións políticas. Fixemos en colaboración dun pintor naronés que é Leando lamas unhas láminas onde se recolle parte do patrimonio naronés, poñer en valor o noso patrimonio e aos nosos astistas ; tamén se presentou un libro doutro naronés, unha persoa xoven, Miguel Moreira; imos o día 28 a facer unha viaxe a Pontevedra para coñecer o tipo de urbanismo que pretende o BNG facer en Narón; imos ter unha serie de actos mais para que participe o movemento social, e as persoas a nivel individual, para facer entre todos ¡o Narón que queremos!».

GAD- Para rematar, preguntas “telegráficas”. ¿Vota de menos o vicepresidencia da deputación?

-PV- «Non, non a voto de menos».

-GAD- ¿Ten tempo para atender a súa familia?

-PV- «Agora mais, antes tiña que facer de vicepresidente e de concelleiro, agora a familia me ve mais, está mais contenta».

-GAD- ¿Os ratos libres en que os emprega?

-PV- «Pois … na familia, dedícolle moito tempo, acompañar o meu fillo nas súas actividades, a ler por suposto e a pasear, paseo bastante».

-GAD- ¿Cal é o último libro que tivo nas mans?

-PV- «Agora mesmo.. gústame a poesía, estou con dous. Os libros de poesía non hai que léelos dun tirón como unha novela, teño un de Manoel María e outro das obras completas de Cesar Vallejo, un escritor peruano que me agrada moito».

-GAD- ¿E cine?

-PV- “Pois algo, a última película que vin foi “Os fenómenos” e a anterior… «El niño e teño gañas de ver “La isla mínima” e tamén me falaron moi ben».

-GAD- ¿En televisión…?

-PV- «Non vexo moita, primeiro porque as veces as películas que poderían interesarme son un pouco a horas tardías eu traballo en Navantia e teño que madrugar. Vexo moito fútbol, porque a meu fillo gústalle moito e o acompaño y cando pido vexo algún debate, pero xa digo todo é cuestión de horario».

CREAR AMIGOS

-GAD- ¿A política crea amigos o fai o contrario?.

-PV- «É unha pregunta difícil de contestar, é unha pregunta… non é fácil. Eu en política fixen amigos, hai persoas que si non fora pola política non os coñecería, pero bo efectivamente neste mundo hai moitas persoas que se acercan a falar contigo. Que teñen moita relación, moito roce pro que cando deixas de estar nun cargo institucional..desaparecen, e verdade, iso é así por moitos factores. Pero si fixen amigos e non perdín ningún dos que tiña antes. Incluso procuro mantelos, coidalos inda que teñamos diferenzas ideolóxicas, iso me enche moito».

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …

2 comentarios

  1. narones indignado

    Pues si vuelven a gobernar con TEGA ya se a quien no voy a votar.

  2. Ou sexa que volverán a pactar con TEGA. Pois para iso lle voto a AGE ou a Podemos que está o seu ex-compañeiro Fran Porto. Tantos anos mazando en TEGA e diciendo que había que votalos… e a hora da verdade foron correndo a pactar con eles.