Presentada a liquidación dos orzamentos municipais do 2014

pablo villamar-19O Concelleiro de Xestión Orzamentaria de Narón, Pablo Villamar, ofreceu na mañá deste xoves, día 19, unha rolda de prensa para presentar a liquidación dos Orzamentos Municipais do ano 2014. O balance de datos (que inclúe as contas do Concello de Narón e do Padroado de Cultura) cumpre os obxectivos de estabilidade orzamentaria e a regra de gasto.

O nivel de débeda total (co Estado e coas entidades bancarias) sitúase no 34,58% dos ingresos correntes axustados, o que supón unha cantidade “netamente inferior ó máximo legal, que é do 75% do orzamento. Isto significa que estamos por debaixo da metade no nivel de débeda” indicou Pablo Villamar.

Asimesmo, no ano 2014 o Concello de Narón xerou unha capacidade de endebedamento de 3.751.408€, dos cales máis de 1 millón de euros foi empregado na amortización da débeda. Polo tanto, quedan algo máis de 2 millóns de euros que se poderán empregar tanto en amortizar a débeda coma en investimento sostible. “Estes datos avalan o traballo e o esforzo que está a realizar o Concello de Narón, que ten unha situación económica saneada” declarou o Concelleiro de Xestión Orzamentaria.

Outra cifra importante é a dos dereitos recoñecidos, que a día de hoxe están cifrados en 29.003.007€, dos cales 25.427.232€ son obrigas recoñecidas e 3.575.775€ correspóndense con ingresos por recursos propios (obtidos pola mellora na recadación fiscal e na redución dos gastos  de consumo eléctrico e de persoal, entre outros).

Con respecto á débeda pendente do Concello de Narón, o responsable municipal explicou que non existe nin cos suministradores nin cos proveedores, e o período medio de pago é dunha máxima de 22 días.

 

Lea también

La ASCM conmemora el día del libro con un MercaLIBRO solidario

La Asociación Sociocultural ASCM organiza este viernes 19 en el local social de A Gándara …