Acto público do BNG no que se avaliou o estado do sector naval na ría

(Fot Miguel Anjo González)
(Fot Miguel Anjo González)

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu na tarde deste luns, día 23, un acto público na que avaliou o estado do sector naval na ría de Ferrol  no que quixo desvendar a realidade e no que afirmou que diante da situación de parálise, ocultación e negación dun proceso de consolidación interna da empresa Navantia que esta a levar consigo un proceso de reestruturación, xa vixente, é preciso actuar contra ela obrigando a que o Estado mude o deseño que ten establecido para os estaleiros da ría. azntiveron o encoentro Francisco Jorquera, voceiro do BNG no parlamento galego e Iván Rivas, voceiro municipal.

Iván Rivas, candidato à alcaldía do BNG, destacou que o silencio instaurado ao respecto do futuro do principal sector produtivo da Cidade desde o acordo do Consello de Ministros de xullo de 2014, no que se asignou ao Mº de Defensa a planificación e control do futuro da empresa Navantia, demostran a vontade política de desenvolver unha nova reestruturación no sector naval, que terá graves consecuencias para os centros de produción da ría de Ferrol.

O BNG denunciou o feito de estar a desenvolverse xa no sector nos últimos anos unha reestruturación evidente, mediante o desmantelamento da industria auxiliar, e que así o comfirman a baixada de prezos e a vulneración dos acordos laborais.

A exclusión dos estaleiros da ría de Ferrol do ámbito de actuación da eólica mariña, centrada nos estaleiros do Sur, o feito de transcurrir xa 3 meses desde a suposta eliminación das limitacións para actuar no ámbito civil sen que se teña feito ningún investimento no estaleiro de Fene para poñelo a funcionar, e a inexistencia de ningún proxecto industrial para os centros de produción a curto ou medio prazo máis que anuncios pantasma, confirman que o obxectivo do Estado para estes estaleiros pasa pola súa liquidación e redución.

Iván Rivas, portavoz nacionalista en Ferrol, salientou a importancia de contar cun goberno municipal que deixe de ocultar a realidade e que saia do silencio no que se ten instalado o Alcalde desta cidade respecto do que está a acontecer, servindo de parapeto para que desde o Estado se desenvolvan os seus obxectivos de consolidación e liquidación do sector na ría de Ferrol.

Diante desta situación e ante o feito de contar cun Alcalde e cun goberno municipal mudo, é preciso coñecer cales son os obxectivos concretos que o Estado persegue para os estaleiros da ría.

Con este obxectivo desde o BNG deuse conta por menorizada do contido da moción presentada ao pleno de fin de mes que pretende que a corporación municipal de Ferrol demande do Estado o Plan Industrial de Navantia 2014-2018, e manteña encontros tanto co presidente da SEPI como co Mº de Defensa para tratar sobre o contido dese Plan Industrial e as súas consecuencias.

Lea también

Los trabajadores de Navantia en la ría de Ferrol aprueban movilizaciones para las tres próximas semanas

Los trabajadores de los dos astilleros de Navantia en la ría de Ferrol ha aprobado …