Este xoves VI Tetramaratón de San Sadurniño

tetramaraton
O pavillón municipal e as pistas do CPI acollerán este xoves día 2, a sexta edición do tetramaratón de San Sadurniño —volei 5 contra 5, baloncesto de tres contra tres e hóckei con ou sen patíns—. Unha cita deportiva na que se inscribiron 14 equipos —Drink Team, Maccabi de levantar, Titanes, Los Chocolatinos, Steava de Grifo, Avenida, C.F. San Sadurniño, Recreativo de Juerga, C.T. Anoesa, Vizoivi Sansa, Mesón O Forno, Tafad Girl, Paum, e Última Hora— xuntando un total de 84 deportistas, dez máis que na edición do ano pasado. Haberá unha formación feminina e dúas mixtas. Neste sentido o regulamento introduce como novidade que os tantos conseguidos polas mulleres valerán dobre, co obxectivo de potenciar a presenza feminina na competición.

Os encontros comezarán ás 9.30h. e desenvolveranse durante toda a mañá. As finais xogaranse despois do mediodía.

Cada partido gañado serán dous puntos, o empate un punto e o partido perdido cero puntos. Os catro equipos que acaden unha maior puntuación xogarán as semifinais. En caso de empate entre dous equipos xogarase un partido de desempate elixindo o deporte por sorteo. Se volvese haber empate o pase decidirase cun penalti, tiro libre ou saque directo ata que un dos dous falle.

O VI Tetramaratón de San Sadurniño está organizado pola Concellaría de Deportes coa colaboración do C.V. Aldebarán e o Clube de Fútbol San Sadurniño.

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …