Este domingo, XXII «Encontro de bandas de Música» en el Pazo da Cultura de Narón

Este domingo , día 19, a las cinco de la tarde el Pazo da Cultura se viste de gala para la celebración del XXII «Encontro de Bandas de Música» y en el que participan la  Banda de la Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia; la Banda de la Asociación Cultural e Musical «Solfa» de as Fontiñas-Santiago; y la Xoive Banda de Narón. Un acto cultural abierto a todos los públicos.

AGRUPACIÓN MÚSICO-CULTURAL DE RIBADUMIA

banda ribadumiaDirixe: Víctor Manuel Fernández Vázquez
Fundouse no ano 1998 con alumnos da academia de música de Ribadumia que viñan recibindo clases dende o ano 1995. A súa andaina comezou o día 22 de Novembro de 1998, día de Santa Icía.
Hoxe en día, a banda de música conta con compoñentes de idades comprendidas entre os 6 e os 30 anos. Está acollida ó plan cultural da Deputación de Pontevedra dende o ano 1999 na sección de bandas de música e pertence á Federación Galega de Bandas de Música Populares dende o ano 2002.
Dende o ano 2005 participa no Certame Provincial de bandas de música da Deputación de Pontevedra, na segunda sección, acadando varios terceiros premios, un segundo premio, e un primeiro premio no ano 2010. Tamén participou no I e II Certame zonal da Deputación de Pontevedra, acadando un terceiro e un primeiro premio respectivamente.
Dende o 2007 ó 2012 participou tamén no Certame Galego de Bandas acadando varios cuartos premios e un terceiro.
Dende o ano 2007 ata o 2011, participa na organización do campamento musical “Musigalizando” en Gandarío, onde se reúne a xóvenes de distintas agrupacións, lugares e idades con unha afición en común, a música, para darlles a oportunidade de poder convivir e tocar xuntos.
No ano 2009 a banda realiza un intercambio musical coa banda de música valenciana “Societat Musical La Pau” de Beneixama e dous anos máis tarde, no 2011 coa banda valenciana “Societat Musical La Lira Fontiguerense” de La Font de La Figuera. No verán do 2013 volve a realizar un intercambio musical a Villarejo de Salvanés (Madrid).
Ó longo de todo o ano realiza tamén intercambios culturais con bandas de música de distintos Concellos de Galicia.

BANDA DA ASOCIACIÓN CULTURAL E MUSICAL SOLFA

banda solfa-santiagoDirixe: Fernando Rei Mayo
Preséntase en público o día 29 de maio de 2002, con nenos e nenas menores de 10 anos, no Centro Sociocultural das Fontiñas.  Ao longo de todos estes anos fixemos moitos concertos, intercambios con outras bandas de música, campamentos musicais, concertos didácticos… Intentamos que esta Banda de Música se mova entre o divertimento e a formación. Conseguirmos resultados satisfactorios e mellorarmos a calidade dos membros da agrupación son os nosos obxectivos fundamentais.

XOVE BANDA DE NARÓN

naron-xove bandaDirixe: Francisco San Ramón Calvo

A Asociación Cultural Musical Sementeira asume no ano 1993 a responsabilidade de rexer os destinos da Xove Banda de Narón e a titularidade das escolas de música, nas cales reciben formación máis dun cento de rapazas/es.
A relación escolas de música-banda confírelle a esta asociación un carácter referencial, tanto no que se refire á formación musical como á consecución dunha agrupación bandística estable,como é a Xove Banda de Narón.
Ela é o reflexo do intenso labor de formación que ven desenvolvendo esta Asociación, xa que nútrese de músicos procedentes das propias escolas, tras o seu paso pola Banda Infantil, onde o alumnado aprende a facer música de conxunto e experimenta o pracer de comunicar e comunicarse mediante un discurso musical-educativo compartido.
Durante estes anos, a Xove Banda levou a cabo unha intensa actividade divulgativa da súa música e realizou concertos por gran parte da xeografía galega.
No ano 1999 participa no Certame Nacional de Bandas de Música da Cidade de Murcia. Tamén realizouintercambios con Bandas de doutros lugares da xeografía española (Castellón,Madrid,Asturias…) No 2002 participou nun proxecto de intercambio europeo na cidade de Rótterdam (Holanda). No ano 2003 actuou no Centro Galego de Santa Cruz de Tenerife.
No ano 2004 realizou unha saída cultural a Barcelona para actuar no Centro Galego Saudade da cidade Condal. En 2005 viaxou á cidade de Huelva para actuar en dúas localidades da provincia: La Redondela e Isla Cristina. No 2006 fixo unha saída cultural a Madrid para actuar na catedral da Almudena e na praza Maior. No ano 2009 realiza viaxe cultural a Lisboa e actúa no Centro Galego da capital lusa.
En 2010 viaxa ao País Vasco e realiza un concerto conxunto coa Agrupación Musical San Roque de Llodio, invitada polo Centro Galego desta localidade alavesa. No 2011 leva a cabo unha viaxe a Asturias e participa no Certamen de Bandas que organiza a Banda de Música de Pola de Laviana.
A súa primeira gravación sae á luz ano 2002, coa colaboración da cantante mezzosoprano María José Ladra. Nela recóllense pezas musicáis das dúas bandas, a Banda Infantil e a Xove Banda. En 2005 gravóuse en colaboración coa Deputación da Coruña “Inquedanzas”,un segundo C.D. onde se recollen pezas do folclore galego combinadas coa música máis moderna, feita para banda .
No ano 2008 participa por primeira vez no Certame Galego de Bandas de Música Populares, celebrado en Santiago de Compostela, acadando o terceiro premio da segunda sección. O seguinte ano repite participación e volve a acadar o terceiro premio, pero nesta ocasión na Sección Primeira. No ano 2014 participou de novo na segunda sección acadando un terceiro premio
En 2010 grava o terceiro C.D. titulado “Xove Banda de Narón”, participan a Banda Infantil e a Xove Banda.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …