Conservando a tradición, os maios de Canido

 

burgoa-211114Jjburgoa@hotmail.com-TIRANDO A DAR

Os ritos e as cerimonias das festas coñecidas en Galicia como Os Maios, son os residuos de antigos cultos de orixe agraria e propiciatoria, conservados con maior ou menor intensidade polas comunidades agrícolas europeas. Cunha celebración variable segundo os lugares e culturas, festexan o fin do inverno e o comezo do bo tempo coa chegada das flores e froitos vexetais.

Moitos costumes unidos a estes ritos profanos das festas primaverais, caso do aceso de luminarias nos campos sementados, a colocación de ramos nas vivendas ou os percorridos polas rúas entoando cancións e pedindo diñeiro ou regalos foron condenadas pola Igrexa desde os primeiros séculos do cristianismo.

Non obstante, a propia Igrexa, co sincretismo que lle caracteriza, foi adaptando e integrando dentro dos seus ritos relixiosos estes antigos costumes convertendo Maio no Mes das Flores e adoptando como súa a festividade da Exaltación da Santa Cruz, que pasou do inicial 1 de Maio á data actual do día 3 do mesmo mes.

No que atinxe aos propios Maios, varios deles ultimamente recuperados en Galicia, pódense salientar Os Maios humanos ou viventes, As Maias (versión feminina), Os Maios figurativos (monumentos ou altares), e Os Ramos ou Arbres de Maio (adobiando fontes ou cruceiros), diferentes variantes acompañadas de coplas e cancións nas que se critica ás institucións e se fai bulra das persoas.

Os maios en Ferrol

Con referencia a Ferrol, en contraste coa primitiva poboación de Ferrol Vello, dedicada á pesca e actividades mariñeiras, o barrio de Canido tivo unha orientación agrícola, con dedicación ao cultivo da vide e cereais, o que explica que un barrio practicamente urbano de Ferrol aínda conserve uns ritos e costumes propios do ámbito rural.

maios-aPor iso, aínda hoxe tanto a vertente relixiosa da Festa da Santa Cruz como a celebración profana dos Maios, adobiando con plantas e flores o secular cruceiro da praza de Canido ou levantando pequenos altares vexetais na praza da Tahona e nas rúas Alegre e Alonso López, amosan a persistencia das vellas tradicións entre veciños do barrio ferrolán de Canido.

maios-b

Acotaciones de un FTV.

maios-cPaseando por Canido se puede ver una construcción que a primera vista parece un Tanatorio, aunque luego un letrero indica que se trata del futuro Centro Cívico del barrio.

Realmente es un nuevo  ejemplo de como el empleo de rutinarias técnicas informáticas aplicadas a la construcción puede afectar a la frescura y creatividad de los arquitectos.

Muy cerca y como contraste se puede ver el armonioso y ecléctico Chalet de Canido, bonita construcción de Rodolfo Ucha dotada de jardines coloniales, situado en un lugar privilegiado en plena calle Alegre, mostrando su mal estado como referencia de lo que debiera haber sido realmente el Centro Cívico de Canido.

maios-d

 

Lea también

Sete anos da presentación de “Los disfraces de la traición”, de Olga Rico

José Fonte Sardiña O día 10 de marzo de 2017, presentabamos na Casa da Cultura …