Marea Artabra propón rehabilitar por fases o barrio de Recimil

marea artabra-11Marea Ártabra propón crear un plan socio-comunitario para Recimil, rehabilitar por fases e destinar parte das vivendas a usos da Universidade.

Este luns, día 11, a Marea Ártabra fixo un encontro coa veciñanza no Barrio de Recimil no que se
presentáronse as proposta que a Marea Ártabra ten para este barrio.

Chema Hernández, candidato a alcaidía, propón a «creación dun Plan Integral de Rehabilitación por fases do barrio de Recimil, priorizando a súa cualificación enerxética e a accesibilidade das vivendas».

Lucia Vizoso, número 2 da candidatura, falou da conveniencia de «crear un plan socio-comunitario para atallar os problemas do barrio e diversificar o uso da zona chegando a acordos para destinar parte das vivendas a usos da Universidade».

Fernando Armesto, número 5 da candidatura, falou de «necesidade de conveniar co IGVS a creación dun ente xestor dun banco único de vivenda pública en alugueiro no barrio de Recimil».

Desde Marea Ártabra valoran moi positivamente os encontros que están a ter coa cidadanía de Ferrol, nos distintos barrios. Están a repartir unha tarxetas onda cada cidadá e cidadán pode expoñer as súas propostas, Marea Ártabra recollerá todas estas propostas as cales servirán para ampliar e enriquecer o programa electoral.

Lea también

Aceptadas 4 propuestas de mejora del COAG a la ordenanza de licencias de Ferrol

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, dio cuenta este miércoles en la comisión …