Marea Ártabra reclama a cesión gratuita da antiga sede de Facenda

ferrol-marea-14Varios candidatos de Marea Ártabra presentáronse este xoves, día 14, diante da antiga sede de Facenda na Rúa Magdalena para reclamar a cesión gratuíta deste edificio ao Concello de Ferrol para convértelo nun gran centro Centro Cívico para uso da veciñanza do Barrio da Magdalena.

Denuncia José María Hernández Roca, candidato á Alcaldía, que «desde que ese edificio deixou de usarse como sede de Facenda o mantemento feito polo Estado é completamente nulo e agora atópase nun estado bastante lamentable, con cristais rotos, vallas oxidadas, etc coa total pasividade por parte do Concello».

Denuncia Marea Ártabra que o Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela amosa unha total despreocupación polo estado dos edificios da Magdalena e tan só cando se producen caídas de cascotes ou similares desde o concello amosan unha gran actividade neste sentido para os 10 ou 15 días volver a despreocuparse. Só así se pode entender o lamentable estado de moitos baixos e edificios na Magdalena e que en breve o Edificio de Facenda vai ser un edificio máis na lista de edificios en estado ruinoso ante a total pasividade de Rey Varela.

Cree Marea Ártabra que o edificio de Facenda cumpre con todos os requisitos para converterse no gran centro cívico do Barrio da Magdalena xa que conta con ascensor, e as súas 5 plantas pódense adicar para cederlle locais ás diversas Asociacións do Barrio da Magdalena que hoxe non contan con local pola negativa da actual equipa de Goberno de Ferrol a concederlles un espazo onde reunirse.

Alén diso, considera José María Hernández que «nun barrio que conta con unha gran porcentaxe de poboación maior o Concello de Ferrol debería poñer á súa disposición un local onde reunirse, charlar ou realizar actividades de ocio».

Marea Ártabra pensa que a planta baixa deste edificio é o lugar idóneo para instalar un centro de día destinado aos nosos maiores, que contaría coa vantaxe de estar nun lugar céntrico e de fácil acceso.

José María Hernández indicou finalmente que «Marea Ártabra loitará para lograr a cesión gratuíta deste edificio para o Concello de Ferrol e darlle o uso social que o Barrio da Magdalena merece».

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …

2 comentarios

  1. Todo gratis, y pisos gratis también y así ya no trabaja nadie y vivimos todos felices. Venga fiesta comunista.

  2. A semana próxima a Marea Ártabra anunciará a retirada da súa candidatura