Blanco destaca inversións no Val por uns 500 mil euros nos últimos 4 anos

naron-tega-19O local social do Val acolleu este martes, día 19, un mitin de Terra Galega no que participaron o candidato á Alcaldía polo partido, José Manuel Blanco, o secretario xeral da formación, Guillermo Sánchez Fojo, e a candidata pola parroquia, Mar Gómez. A convocatoria comezou ás 21.00 horas no local social do Val e na mesma Gómez repasou parte dos traballos realizados polo goberno local nos últimos anos na zona. Sánchez Fojo, pola súa parte, explicou aos asistentes, como secretario xeral de TEGA, a valoración que en Galicia fan os veciños de diferentes municipios do traballo do partido en Narón, que poñen sempre como exemplo, asegurou, para a continuación arremeter contra as políticas do PP e o feito de que recorran constantemente á calumnia e á mentira para facer campaña, en lugar de presentar o seu traballo e os seus proxectos.

Na súa intervención, o candidato de Terra Galega, José Manuel Blanco, sinalou que nos últimos catro anos se destinaron uns 500.000 euros a diferentes intervencións levadas a cabo na parroquia do Val, destacando os traballos de saneamento realizados na Modia. En referencia a este servizo, Blanco explicou que “estamos pendentes desde hai tres meses dunha reunión solicitada en Augas de Galicia, organismo dependente da Xunta, para falar do remate dunha importante intervención proxectada nesta parroquia, que é o saneamento na estrada do Val, a AC-116”. O candidato á Alcaldía por Terra Galega lamentou a demora que acumulan estes traballos, valorados en 170.000 euros.

Entre as actuacións a executar na zona Blanco mencionou a reciente contratación da obra de reforzo do aglomerado do vial que comunica a igrexa de Santa Margarita con Río de Cortes, valorada en 100.000 euros. O candidato de Terra Galega anunciou ademais que o partido continuará colaborando coa asociación de veciños do Val para a ampliación do local social e tamén coa Fundación Terra de Trasancos, entidades que promoven unha gran variedade de actividades dirixidas aos veciños ao longo do ano e das que Blanco destacou o seu traballo.

Finalmente o candidato á reelección por Terra Galega animou aos veciños a acudir a votar o vindeiro domingo e respaldar novamente o traballo realizado nas últimas décadas por Terra Galega, partido que deseñou as liñas de crecemento do que é o oitavo concello de Galicia, con máis de 40.000 habitantes e cun prometedor futuro no caso de manter e continuar o traballo iniciado nos tempos da democracia.

 

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …

2 comentarios

  1. 170.000 y 100.000…. Dice que aun los van a gastar, ergo no los gastaron. Ni 500.000, ni 400.000 no 300.000…. ¿Por qué habría que creerlos ahora cuando no hacen más que mentir?

  2. Es mejor creerse un programa de 587 propuestas de un PP que nunca hizo nada por Narón en cuatro años, ni por la zona rural ni por la urbana… Claro que total como muchas ya son realidades y otras ilusiones… De eso también viven algunos, hasta que dejen de hacerlo..