Villamar propón un paso baixo nivel na Solaina

naron-bng-19O candidato do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas de Narón, Pablo Villamar, visitou  o barrio de Santa Icía para explicar o proxecto que a formación que lidera ten para desfacer o tapón urbanístico da avenida da Solaina á altura do camiño de ferro que pasa pola zona. O portavoz nacionalista sinalou que a mellor opción para evitar o “fondo de saco” no que se converteu ese vial é construír un paso baixo a vía do tren para poder así prolongar a avenida. Trátase dunha vella demanda das veciñas e dos veciños do barrio que permitiría, ademais, mellorar a conexión entre os distintos barrios da zona urbana do concello e, en consecuencia, impulsar a mobilidade.

O trazado urbano do concello ten aínda eivas que se poden corrixir con investimentos razoábeis”, dixo Villamar, quen insistiu que no programa electoral co que o BNG-Asembleas Abertas concorre aos comicios do vindeiro domingo se presta unha atención especial a un urbanismos no que a mobilildade e a accesibilidade son primordiais.

O cabeza de lista do BNG-AA cre que é preciso intensificar a colaboración entre as administracións para os proxectos importantes do municipio e, nese sentido, laiouse de que ao longo deste mandato que está a piques de rematar por parte da Xunta de Galiza, da Deputación Provincial e do Goberno central non se amosase “nin a máis mínima intención de traballar xuntos; máis ben o contrario, todo foron obstáculos e problemas”.

Villamar cargou por iso contra o Partido Popular e contra o seu candidato, Miguel de Santiago, por criticar a acción de goberno do cuatripartito e, ao tempo, negarse a facer fronte común diante do resto das administracións para sacar adiante os proxectos importantes para a cidade.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …