Marea Ártabra en defensa do medioambiente

marea artabra-19

Marea Ártabra nun acto na Malata, celebrado este martes, día 19, frente á desembocadura do Río Sardiña, apoiou e asumiu como propio o “Programa pola Terra. Por uns concellos sustentábeis”, que recolle as propostas do ecoloxismo galego para que os diferentes partidos integren na súa acción nos concellos de Galicia.

Este programa baséase sobre o principio de análise de que «o actual modelo económico e social é inxusto e insustentábel, que é necesario un compromiso de cambio de dimensións estratéxicas no que a participación e transparencia non poden quedar só en verbas e no que será imprescindible esixir o cumprimento da lexislación ambiental».

A formación de Marea Ártabra presenta as seguintes propostas para os concellos: Integrar enerxía, mobilidade e contaminación:

Protexer os espazos naturais, a flora e a fauna; implantar unha nova cultura da auga; aplicar unha política de ordenación do territorio que limite drásticamente o crecemento urbanístico e defenda da costa; apostar pola redución, a reciclaxe e a compostaxe dos residuos sólidos urbanos; defender a soberanía alimentar e apoiar ao sector primario para manter un mundo rural e mariñeiro vivos; recoñecer a importancia dos coidados básicos para a vida, o papel das mulleres neles e facilitar novos esquemas de xénero ao respecto; avanzar na participación cidadá cara unha democracia participativa real; facer unha reforma verde do sistema fiscal local e impulsar unha contratación pública verde; e
fortalecer a cooperación internacional para o desenvolvemento sustentable.

Propostas de Marea Ártabra

Para concretar este manifesto, Marea Ártabra propón as seguintes medidas ambientais para Ferrol
a catalogación e protección de espazos naturais por medio da declaración de Espazos Naturais de Interese Local: reverter a canalización de cursos como os ríos do Tronco e Inxerto e incorporalos á rede de espazos libres da cidade e levar adiante un proxecto de restauración integral da Enseada da Malata, recuperando, entre outros elementos, o cauce do Río dos Corrais e o Esteiro do Río da Sardiña, e creando a Rede da Auga na zona rural; reducir o consumo de auga potable reutilizando a auga de chuvia para rego de espazos verdes e limpeza de rúas; reducir o volume de auga a tratar polo sistema de saneamento e depuración, aminorando así tanto os custos operativos do sistema de saneamento e a factura por este concepto, como o volume de augas residuais a verter na ría por falta de capacidade do sistema; priorizar a rehabilitación sobre a nova edificación, consensuando, se fora preciso unha moratoria sobre nova construción; reducir a factura da iluminación pública, realizando unha auditoría enerxética do sistema de iluminación pública e reducindo ao mínimo a iluminación ornamental, a contaminación lumínica e a intensidade de iluminación a umbrais de seguridade; a redución de residuos en orixe (rehabilitación, re-utilización, reciclaxe), cunha axeitada política tarifaria e de recollida de lixo que fomente estas prácticas; un tratamento de residuos máis sustentable que SOGAMA, comarcal e que peche o seu proceso de tratamento dentro da nosa bisbarra; e camiñar cara a soberanía alimentaria, desenvolvendo políticas que aposten pola evolución dos ciclos de produción, distribución e consumo de alimentos cara patróns de escala máis local.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …

Un comentario

  1. Alberto Chousa

    Como siempre, todos sus argumentos se basan en hacer el ganso encaramados a algo, subidos a algo o empapelando algo. Pero, ¿qué experiencia de gestión tienen? NINGUNA. No se puede hipotecar el futuro de Ferrol con ideas peregrinas.