Ferrol en Común deu a coñecer o seu código ético

ferrol en comun-candidatos-20Ferrol en Común deu conta conta  das liñas maestras do seu código ético, compromisos firmes e invariables no goberno local, no que confian poder dignificar, e tamén para a oposición.

Este código ético pretende ser algo máis que unhas boas prácticas, «é un mandato as persoas candidatas que se presenten nas listas de Ferrol en Común, mandato de obrigado cumprimento e que será asinado, e asumido como propio por os e as que asinen e participen de Ferrol en Común, como un paso máis para avanzar a unha democracia participativa, sen privilexios e sen máis ambición que a de gobernar obedecendo.

Tamén deben articularse todos os mecanismos que garantan corrupción cero e fin dos privilexios da clase política que entende a profesionalización da mesma como un factor social asumido. Publicaremos as nosas contas, renunciamos a calquera agasallo e trato de favor, seguiremos a máxima de unha persoa-un cargo e limitamos o mandato a oito anos para calquera cargo público e persoal de confianza.

Unha imputación xudicial polas causas específicadas no código será motivo de renuncia automática, abriremos os plenos a participación e obedeceremos o mandato cidadán implementando as canles de participación da sociedade na política porque o goberno é o instrumento do poder que emana da rúa. 
O presente código ético será desenvolto nun regulamento e nunha carta financeira, que desenvolva os principios básicos do mesmo.

Compromisos

As persoas que representaran a Ferrol en Común tomarán como documento base para a súa acción política o Regulamento de Participación Cidadá e todas as figuras nel contempladas. Comprométense a render contas, empregarán, ademais, o diálogo, a argumentación, a escoita activa e o debate de ideas, tanto en campaña electoral como no exercicio das súas responsabilidades públicas.

Impulsarán as iniciativas cidadás que se propoñan a través dos mecanismos contemplados na legalidade vixente ou aqueles outros que se implementen no futuro. Comprométense tamén a levar a cabo as súas políticas desde a transversalidade de xénero, garantindo a responsabilidade de todos os poderes públicos no avance da Igualdade entre mulleres e homes, garantindo a participación das mulleres na vida política, pública e social.

Os e as representes de Ferrol en Común comprométense a utilización dunha linguaxe inclusiva, en todas as intervencións públicas nas que participen, orais e escritas. Ferrol en común habilitará os mecanismos necesarios para erradicar o absentismo das persoas que os representan e a non abandonar as súas responsabilidades para concorrer a outra convocatoria electoral durante o mandato.

Cero corrupción e non os privilexios e portas xiratorias

As persoas electas de Ferrol en Común, así como o persoal de confianza e con cargos directivos, poderán ser revogadas pola cidadanía ou polos órganos correspondentes de Ferrol en Común no caso de violación deste Código Ético ou de incumprimento grave e non xustificado do programa electoral.

Ademais, aquelas comprométense a renunciar de forma inmediata ante a imputación xudicial de delitos relacionados con corrupción, prevaricación, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno e malversación e apropiación de fondos públicos, sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas.

Tamén no caso de imputación xudicial por delitos de racismo, xenofobia, violencia de xénero, homofobia, pederastia ou outros delitos ecolóxicos ou contra os dereitos humanos ou os dereitos das persoas traballadoras.

As persoas con cargos electos ou de designación política de Ferrol en Común comprométense a non prestar servizos para empresas contratistas ou concesionarias relacionadas coas funcións nas que exerceu no Concello da Ferrol durante un prazo mínimo de tres anos desde o cesamento no cargo público.

Ferrol en Común sigue a máxima de unha persoa-un cargo e publicitará a situación profesional das persoas con cargo, así como as súas declaracións da renda e, no seu caso, patrimonio, durante os tres anos posteriores ao abandono das súas responsabilidades.

Ferrol en Común comprométese a facilitar a conciliación da vida política e laboral, con especial interese nas mulleres que se atopen en situación de embarazo e/ou lactancia natural, das persoas con cargos electos, persoal de confianza e con cargos directivos, e a renuncia a calquera privilexio en aras do aforro e da responsabilidade na xestión dos cartos públicos.

As persoas electas de Ferrol en común non disporán, en ningún caso, de contas bancarias ou intereses económicos en paraísos fiscais e renunciarán a calquera regalo, privilexio ou trato de favor que reciban en función do seu cargo. Farán públicas as súas nóminas e a cidadanía poderá coñecer periodicamente todos os ingresos e gastos do Grupo Municipal.

As persoas con cargos electos de Ferrol en Común, así como o persoal de confianza e con cargos directivos, exercerán as súas responsabilidades durante un máximo de oito anos, o equivalente a dous mandatos completos, sexan alternos ou consecutivos».

 

Lea también

Galicia Ártabra concede los premios “Ártabro 2023-24” a entidades, asociaciones y ciudadanos

Serán entregados el día 20 de abril en Afundación Un año más y van trece …

6 comentarios

  1. ferrolencomun marca blanca de podemos y yolanda diaz , quieren convertir a ferrol en venezuela o cuba y dejarnos sin leche en los supermercados , defienden mas a los perros que a los niños , no tienen ninguna propuesta para que la ciudad crezca

  2. en san xoan aun estamos esperando que los de ferrolencomun y el vecino alvaro montes nos expliquen las propuestas para el barrio , desilusion total con ferrolencomun, si nome lo explican no tienen mi voto

  3. Ferrol 1800 de donde sacas que FeC es la marca blanca de Podemos, cuando Podemos no lo apoya no esta entre las formaciones que apoya, sera que eso piensas tu, pero por mucho decirlo, no es cierto, y por mucho que te digan, no es cierto, es distinto «inscritos en Podemos! que «Podemos», aunque algunos vayan diciendo por la calle y la prensa siga diciendo que esta metido podemos en Ferrol en comun, no es cierto. Dejemos ya Venezuela, Cuba, y demas y a estos los conocemos,y los vemos todos los dias, no creo en eso…. pero bueno cada uno tendra su opinion.

    • como estos no se van a comer un rosco en las municipales te apuesto que la mitad irán con el coletas bolivariano en las generales y se olvidaran da defensa do galego, FERROLENCOMUN MARCA BLANCA DE PODEMOS

  4. Menuda banda.