«A nosa aposta pola participación cidadá é firme» (Pablo Villamar)

naron-bng-20O candidato do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas de Narón, Pablo Villamar, defendeu na tarde deste mércores, día 20, nun acto público no local da AVV Chafarís do Alto a importancia da participación cidadá «para que as decisións que se toman nunha parroquia ou un barrio conten coas achegas dos seus habitantes, que son quen mellor coñecen as súas necesidades».

Villamar explicou que o programa electoral co que a formación nacionalista concorre ás eleccións do vindeiro domingo incorporan un apartado concreto sobre participación cidadán e transparencia. Nel apóstase por impulsar definitivamente os orzamentos participativos e por que dun xeito periódico un concelleiro do grupo de goberno acuda a cada barrio e parroquia para escoitar as demandas da veciñanza. Ademais, o BNG-Asembleas Abertas promoverá que todos os acordos plenarios se colguen da páxina web, así como o sentido do voto de cada partido con representación en relación con cada un dos puntos da orde do día.

O candidato do BNG-AA aproveitou o acto para lembrar os avances que nos últimos tempos se teñen dado a respecto da dotación de servizos nos diferentes locais veciñais e mesmo da construción de novos espazos. Así, sinalou que no último pleno aprobouse o convenio coa Deputación da Coruña para o financiamento das obras na antiga rectoral de Pedroso -que se converterá en centro cívico- e da dotación orzamentaria asinada tamén hai unhas semanas para a realización do proxecto construtivo dun novo local social para Chafarís.

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …

2 comentarios

  1. Sólo promesas en el mandato que finaliza fueron complizes de un cambio en el R.P.ciudada pará que los vecinos de narón no puedan intervenir en el pleno y utilizar los locales municipales

  2. Estos del B.NG que rostro le echan son complizes de todos los desastres de narón siendo parte del grupo de gobierno los últimos cuatro años.
    Los chantajes y corructelas no sólo es culpable quien las realiza sino también quien las consiente amigo pablo