Blanco destaca a cantidade e calidade dos servizos que se ofrecen en Santa Icía

naron-tega-21Terra Galega celebrou este xoves, día 21, no barrio de Santa Icía o seu último mitin de campaña. O candidato de Terra Galega, José Manuel Blanco, estivo acompañado polo secretario xeral do partido, Guillermo Sánchez Fojo, e a candidata número dous na localidade, Marián Ferreiro. O acto tivo lugar no local social de Santa Icía, onde tanto Sánchez Fojo como Marián Ferrreiro destacaron o traballo feito polo equipo de TEGA e cargaron contra as políticas que impulsa o Partido Popular no país en xeral e na localidade en particular.

O candidato á Alcaldía, José Manuel Blanco, subliñou que Santa Icía é na actualidade un barrio totalmente consolidado e dos que teñen unha mellor oferta para os veciños no que se refire a servizos públicos. Ao respecto o candidato á reelección citou a existencia neste núcleo, cunha considerable densidade de poboación, dunha escola infantil municipal, dous pavillóns polideportivos cubertos, un colexio público e outro concertado, unha pista polideportiva e unha ampla zona verde na praza da Constitución. “Traballouse moito por este barrio pero é imprescindible continuar facéndoo, mellorando as zonas verdes próximas ao local social e construíndo un parque para cans que tamén dará servizo ás Vivendas da Mariña”, avanzou Blanco.

As melloras das conexión previstas entre os diferentes barrios da zona urbana serán outra das actuacións das que se beneficiará Santa Icía, tal e como apuntou o candidato de TEGA.

Antes de rematar a súa intervención, Blanco pediulles aos veciños que o vindeiro domingo, día 24, vaian votar para reducir os índices de abstención que se rexistran na localidade e, de paso, para dar o apoio ao equipo de Terra Galega. Ademais, o candidato á reelección invitou aos veciños ao acto de peche de campaña, que terá lugar este venres ás nove da noite no Pazo da Cultura.

Lea también

O Concello de Narón ilumina de cor verde a rotonda de Freixeiro no Día Mundial do Medio Ambiente

 A glorieta de Freixeiro permanecerá iluminada de cor verde as noites do venres, sábado e …

3 comentarios

  1. Parque de cans….MAIS DE UN 30% DE PARO!!!!! ESPABILE

    • O PP que non faga nada que non ten responsabilidade, que siga durmindo que o paro é culpa de TEGA… Vamos por favor… Un pouquiño de seriedade

  2. ud o único ke ofrece é caciquismo puro e duro, ata cdo narón seguirá cos ollos pechados frente a tega