O Toxos recibe no seu centenario a chave de ouro da cidade

toxos-centenario-29-1
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela,  recibiu na mañá deste venres, día 29, aos membros do Real Coro Toxos e Froles con motivo do seu centenario. No acto oficial que tivo lugar no Salón de Recepcións da Casa Consistorial tamén estiveron presentes a delegada territorial da Xunta de Galicia, Belén do Campo; o presidente do Real Coro Toxos e Froles, Arturo Lamas; o Coro Galego Cántigas da Terra; a Coral de Ruada; o Rancho da Praça de Vila do Conde; e representantes dos diferentes grupos municipais.

Na súa intervención, José Manuel Rey Varela manifestou a súa satisfacción polo centenario “dunha das entidades máis senlleiras da nosa cidade e de Galicia”. Neste senso, o primeiro edil da cidade destacou a contribución do Real Coro Toxos e Froles “na defensa da cultura galega e en levar o nome de Ferrol pola nosa xeografía”. O rexedor municipal tamén agradeceu á agrupación ferrolán a súa aportación “para recuperar o irmandamento entre o Concello de Ferrol e a municipio portugués de Vila do Conde”. E por último, felicitou ao Real Toxos e Froles “polos vosos primeiros cen anos”.

CHAVE DE OURO

Durante este acto oficial, Rey Varela entregou ao Real Coro Toxos e Froles a chave de ouro da cidade, e realizou a imposición da garabata dos 100 anos á banda da agrupación ferrolán. Ademais, o alcalde ferrolán recibiu do Toxos e Froles unha placa conmemorativa do centenario como agasallo.

O peche do acto estivo amenizado pola actuación do coro ferrolán.

Lea también

Neda premia un año más a los mejores lectores de la biblioteca municipal

La Biblioteca municipal de Neda ha celebrado el Día Internacional del Libro distinguiendo, como viene siendo …