Este sábado, Feira Cultural e Gala Solidaria en solidaridade co Ateneo Ferrolán

festa_ateneoA Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo e o Ateneo Ferrolán organizan unha festa de arte e cultura no Seixo o vindeiro sábado 27 de xuño. A actividade quere ser unha xornada de confraternización do mundo cultural da bisbarra, convocados en solidariedade co Ateneo Ferrolán.

Aínda que o problema do patrimonio do Ateneo parece en vías de solución, a entidade padece aínda problemas económicos derivados das débedas contraídas nos últimos tempos por mor das obras de rehabilitación da súa sede

É por iso que o beneficio económico dos actos destinarase ao Ateneo Ferrolán, para o reflotamento económico dunha entidade de vocación cultural aberta e plural que sempre traballou en estreita colaboración co tecido cultural da cidade. É por iso que o festival conta coa colaboración e participación de entidades sociais e culturais da bisbarra.

O Festival ten dúas actividades diferenciadas: unha Feira Cultural que terá lugar no Souto de Beiramar (O Seixo), entre as 14 e as 19 horas, e unha Gala Solidaria, a partir das 20 horas, na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo.

A Feira Cultural contará con actividades como poesía, roteiros, música tradicional, xogos populares, exposicións e diversas actividades, organizadas polas entidades participantes na Festa. Iniciarase cunha comida no fermoso paraxe do Souto de Beiramar ás 14 horas. En caso de choiva a Feira terá lugar nos locais da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.

A Gala Solidaria será un festival artístico e musical que se vai desenvolver na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, e na que participarán o Mago Fiz, Lenda Ártabra, Faraway, Trío Blues, Alumnos da Escola da Vaca, Óscar Fojo, Saravá Criôlo, Eugenia Sanmartím, Bitxo Bola, Os Derradeiros e DJ Miguel López.

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …