O BNG contra as declaracións do alcalde sobre a praia de Ponzos

ponzos_0083 (6)O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pídelle ao goberno municipal que abandone as súas contradicións en relación coa ordenanza municipal de animais de compañía e lamenta que onte votara en contra de modificar puntos recollidos na mesma que hai dous meses consideraban imprescindíbeis e cualificaban de positivo a súa modificación como medida previa a redactar unha nova ordenanza.

Lamentamos que o goberno municipal non considerara necesario introducir os cambios normativos propostos polo BNG para a actual ordenanza municipal de animais de compañía, proposta que recolle as demandas do colectivo de persoas que veñen reclamando unha nova normativa digna para os animais de Ferrol, máxime cando non existe ningún tipo de proposta alternativa á ordenanza actual.

IMPROVISACIÓNS DO ALCALDE

O BNG pídelle ademais ao alcalde da Cidade que abandone a improvisación das súas intervencións públicas facendo anuncios unilaterais, como a habilitación da praia de Ponzos como praia canina, sen ter consultado nin aos grupos municipais nin aos colectivos afectados por estas decisións. Desde o BNG demandamos do novo goberno coherencia nos seus posicionamentos políticos, e é ahí onde se poderá encontrar co BNG.

RECTIFIQUE SOBRE PONZOS

Neste senso o BNG considera un erro medioambiental a elección da praia de Ponzos para que sexa de uso compartido coas mascotas. A praia de Ponzos ao igual que todas as praias de fora da ría de Ferrol están protexidas por tres figuras de protección: RedeNatura2000, o LIC “Costa Ártabra” (Es1110002) e a ZEPA “Costa de Ferrolterra-Valdoviño” (Es0000258). Permitir o acceso de animais domésticos soltos a estes contornos naturais, non parece a mellor das opcións, xa quer pon en risco a riqueza e a fráxil biodiversidade destas zonas.

O BNG considera ademais un erro, a negativa a modificar a actual ordenanza e o mantemento da mesma tal e como esta, previo ao baleiro legal que suporá a súa derogación mentres non se posúa unha alternativa a actual. Sobre todo cando existía a posibilidade de modificar a actual en base as propostas dos afectados e afectadas mentres non se elaborase unha nova. Tendo en conta que, ademais, hai dous meses esta opción era defendida polas organizacións que sosteñen o goberno local actual.

Por tanto, desde o BNG demandamos do novo goberno que rectifique tanto no que ten que ver coa ordenanza como na asignación da praia para cans.

Lea también

O Campus Industrial de Ferrol acolle a I Xornada de Enfermaría Laboral

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas; a presidenta do …

Un comentario

  1. Eso es transparencia y participación. El Alcalde decide que Ponzos va a ser la playa canina y Punto en Boca