Camiño Ingles. Memoria Histórica e outras lerias

burgoa-211114jjburgoa@hotmail.com-TIRANDO A DAR

O ano 1993 o Camiño Francés, no seu percorrido por España, foi declarado Patrimonio Mundial. O pasado 5 de Xullo obtiveron este recoñecemento de Patrimonio Mundial ás Rutas do Norte, con dous traxectos diferenciados dentro de Galicia, o Camiño da Costa, por Ribadeo e Mondoñedo, e o Camiño Primitivo, por A Fonsagrada e Lugo.

Non posúen este galardón, nin se traballou nunca de forma axeitada para iso, as Rutas Atlánticas ou do Mar, orixinadas nos portos de Ferrol e A Coruña. Un dos tramos do Camiño Inglés comeza no porto de Ferrol, seguindo por Neda, Pontedeume, Betanzos, uníndose ao tramo da Coruña en Ordes cara a Compostela. De tódolos camiños xacobeos, o Camiño Inglés é o único que percorre unha única provincia. Ademais a ruta desde Ferrol percorre máis de cen quilómetros, polo que se pode conseguir a Credencial “Compostela”, cousa que no se pode facer desde A Coruña.

Mentres concellos como Neda, Pontedeume ou Miño están a poñer en valor a ruta, coidando o camiño xacobeo e apoiando aos peregrinos, Ferrol non dispón dun albergue de peregrinos; a caseta de turismo de Curuxeiras non ten un horario axeitado; a hostalería ferrolá non se preocupa polo Camiño; os peregrinos non saben onde se pode selar a Compostela, sendo deficiente a sinalización e información da ruta.

albergues

Ademais do nulo traballo da concellería de Turismo, o Camiño Inglés tivo a desgraza da falta de apoio do anterior Presidente da Deputación, que ademais era concelleiro de Ferrol. Fai pouco tempo a Deputación coruñesa sacou á luz unha publicación sobre o Camiño Inglés, na que escribiron varios autores ferroláns. A publicación presentouse tempo atrás na Feira do Turismo (FITUR) en Madrid e na cidade da Coruña, mentres que, de xeito vergoñento, non se presentou en Ferrol. Foi denigrante este comportamento da Deputación Provincial cara a Ferrol.

No que atinxe á  nova Corporación de Ferrol coido que nin sabe de que vai o Camiño Inglés, nin lle interesa; bastante ten xa coa teima dun Museo da memoria histórica. Se xa semellaba totalmente fora de lugar o proxecto anterior dun Centro de Interpretación na Costa de Mella, a reviravolta que se anuncia polos novos inquilinos da Praza de Armas semella simplemente un auténtico desatino.

Teñen pensado os promotores desta insensatez o grao de aceptación popular que vai a ter o que queren facer alí ? Qué percorrido lle espera ? Quen vai a visitar ese lugar ?. Lembren que historia é un termo obxectivo e memoria é un concepto subxectivo; a unión de ambos —memoria histórica— é unha deturpación da realidade.

Déixense de lerias e traballen de verdade a prol do que ningunha Corporación municipal foi quen de facer ata de agora: un Museo da Cidade.

Lea también

«Só Elas» en su V Aniversario

Julia M.ª Dopico Vale En abril de 2019 se presentaba ante el público ferrolano la …

2 comentarios

  1. Menuda farsa la del supuesto camino inglés. Hay que tener mucha imaginación para suponer que los ingleses eran unos perfectos inútiles como marinos y para ir desde la pérfida Albión a Compostela se perdían y desembarcaban en Neda (Ferrol entonces no existía como puerto) para luego ir andando por tierras extrañas cuando podrían llegar mucho antes haciéndolo en Noia o Padrón, además de A Coruña. Y siguiendo con el cuento habrá que creerse también que luego de convertirse al protestantismo los ingleses seguían igual de despistados y mantenían la ruta de la farsa bufa del apostol de leyenda que se inventó Alfonso X el Sabio. Que pena de tiempo perdido, cuando podrían hablar del camino que si existió que era el que conducía a San Andrés de Teixido y al que acudían miles de romeros desde el sur de Galicía y norte de Portugal.

    • Señor Luis, se nota que no tiene ni idea del Camino de Santiago, de su repercusión a lo largo de la Historia, o de lo que supuso para la historia de España, tanto como transmisor de cultura, dinero, arquitectura, etc. como de partes también históricas pero malas, como enfermedades, plagas, etc.
      Los caballeros ingleses hacían sus paradas en estos puertos en su camino hacia Tierra Santa, para repostar y aprovisionarse de víveres, lo que aprovechaban los primeros para ir a visitar la tumba del Apóstol, lo cual fué creando una tradición, al contar los que volvían sanos y salvos que esa peregrinación había ayudado a su vuelta a casa, esa ofrenda al Apóstol.
      Es una pena que gente que se cree estudiosa o que cree que San Andrés es más «cool» porque no es tan conocido, es que no entiende la historia de una ruta de peregrinación que se remonta a mucho antes de la cristiandad, y que posiblemente expliquen nuestras raices castrexas, celtas, etc. por cierto, las mismas o parecidas que tiene algún país en las Islas Británicas, pero no le voy a desarrollar toda la Historia, le recomiendo que se informe antes de desprestigiar el trabajo de historiadores, documentalistas, tradición oral, etc. antes de emitir un juicio de valor inadecuado.