TEGA anuncia na súa festa do río que vai dar un paso máis en política

tega-13-1Terra Galega Narón celebrou este domingo e no entorno do muíño de Pedroso a tradicional Festa do Río, unha convocatoria que reuniu a unhas seiscentas persoas que gozaron dunha comida de confraternidade e unha xornada festiva que comezou a desenvolverse sobre as 14.00 horas e que se prolongou durante boa parte da tarde. A actuación musical da orquestra Xente Nova abriu esta cita antes das intervencións que realizaron a portavoz de TEGA en Narón e primeira tenente de alcalde, Marián Ferreiro; o alcalde naronés, José Manuel Blanco, e o secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo. Os tres representantes da formación en Narón estiveron acompañados polo resto de edís de TEGA na localidade e tamén por exedís do partido, militantes e simpatizantes, aos que agradeceron a súa asistencia, ao igual que aos compañeiros de partido chegados dos concellos de Arteixo, Laracha e Coristanco, este último representado polo seu alcalde, Amancio Lavandeira.

A portavoz de TEGA en Narón, Marián Ferreiro, abriu o turno de intervencións respaldada polos edís do partido no municipio. Dirixiuse aos asistentes para agradecerlles o apoio acadado pola formación nas urnas cos seus votos o pasado mes de maio, incidindo en que “somos conscientes do voso apoio e estamos orgullosos del” e garantindo que o equipo de Terra Galega corresponderá este respaldo “co noso traballo e dedicación”. Ferreiro asegurou en que as portas do Concello de Narón están abertas para todos os veciños e veciñas  e subliñou que o traballo conxunto do equipo de TEGA co da veciñanza permitirá que “Narón vaia a máis”, tal e como reivindicou o partido na pasada campaña electoral. Antes de rematar a súa intervención, a portavoz de Terra Galega dirixiu unhas palabras ao alcalde, José Manuel Blanco, ao que agradeceu o feito de que continúe “liderando un equipo que se sinte moi orgulloso da súa persoa” e tamén “a súa dedicación e constancia” no día a día do seu traballo á fronte da corporación local naronesa.

tega-13-2        A continuación, Ferreiro cedeulle a palabra a Blanco, que se dirixiu aos alí presentes recordando que pese ás falsas acusacións realizadas por algún partido na campaña electoral do pasado mes de maio, “logramos ser a formación política que máis subiu en votos nas eleccións locais de Narón e tamén logramos gañar por primeira vez en todas as mesas electorais do concello”. O rexedor local apuntou que a Festa do Río de hoxe “é un motivo de celebración” e destacou o traballo da xente máis nova que se está incorporando ao equipo de Terra Galega en Narón. “Con nós e con eles imos seguir gobernando Narón e seremos o partido que continúe levando a este concello polo camiño do desenvolvemento, tal e como vimos facendo dende hai moitos anos”. A cita de hoxe serviu para iniciar a campaña electoral de 2019 porque, subliñou Blanco “nós non somos un partido dos que traballan nos últimos quince días antes de ir a votar, senón que traballamos día a día para cumprir os compromisos adquiridos cos veciños e veciñas de Narón”.

O secretario xeral de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo, avanzou que “nun mes comezarán a xurdir moitas cousas novas en política”, explicando que a actual situación e o camiño destrutivo das políticas do Partido Popular, “lévannos a deixar de ser só un partido de marcado carácter municipal para dar un paso máis e impedir que o PP continúe acabando cos nosos dereitos e aplicando recortes en detrimento da sanidade, a educación, a cultura e a economía”. Sánchez Fojo explicou que “o BNG e outras formacións puxéronse en contacto con nós para crear unha plataforma de cara ás vindeiras eleccións e nós imos sumarnos porque non podemos esquecer o dano que nos fixo nos últimos catro anos o goberno do Partido Popular”.

Finalizadas as intervencións, os asistentes participaron nunha comida de confraternidade que tivo lugar baixo unha carpa instalada para a ocasión na área recreativa de Pedroso. A orquestra Xente Nova continuou amenizando a xornada pola tarde, animando aos asistentes a gozar desta tradicional cita festiva que TEGA organiza anualmente en Narón.

tega-13-3

 

Lea también

Narón conmemora o Día Internacional do Libro cun “Pequeno obradoiro literario”

Os nenos interesados en participar no Pequeno obradoiro literario organizado na Biblioteca municipal de Narón poderán …

2 comentarios

  1. Sí que es verdad que da un paso más en la política. Quitarse la careta y dejar ver a las claras que son nacionalistas independentistas de izquierdas, cuyo lema es «todos contra el PP». Insisto, el paso no es hacer eso, que eso ya lo hacían, el paso adelante es quitarse la careta.

  2. Y el PP es España como lo es el R. Madrid????