O cativo panorama cultural de Ferrol (I)

burgoa-211114jjburgoa@hotmail.com-TIRANDO A DAR

Chegou Setembro e inician o seu traballo as asociacións culturais da cidade. Polo seu interese cumpre salientar en lugar preferente o anunciado Congreso titulado “Ferrol-Cuba-Galiza. Historias comúns”, a celebrar no mes de Novembro no Ateneo Ferrolán, lembrando as relacións que mantiveron nos séculos XIX e XX milleiros de persoas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal coa illa de Cuba, lugar de destino de moitos homes e mulleres desta zona.

Deste xeito o Ateneo Ferrolán contribúe ao coñecemento dunha historia que comparten Galicia e a illa cubana, salientando o protagonismo que os emigrantes destas comarcas tiveron na historias de Cuba e de Galicia. A cultura ferrolá ten unha débeda especial coas persoas que, por diversas razóns, emigraron a Cuba e que logo, con mellor ou peor sorte, retornaron a súa terra.

burgoa-20-a

No que atinxe a outra importante asociación cultural, a S.A.F. (Sociedad Artística Ferrolana), dedicada de xeito especial á poesía e a pintura, ademais doutras actividades ten prevista a próxima presentación do número 25 da revista de Poesía Galicia, que, entre outros, presentará un traballo sobre Emiliano Balás, pintor e poeta en galego y castelán, que exerceu un importante labor no eido cultural ferrolá a cabalo dos séculos XIX e XX.

Nunha cidade como Ferrol, que esquece aos seus persoeiros importantes en detrimento dos que veñen de fóra, unha entidade como a S.A.F. debería ir dando a coñecer aos recoñecidos poetas ferroláns, que escribiron tanto en galego como en castelán, casos de Joaquín Camino, Aurelio Ribalta, Domingo Díaz de Robles, Dictinio de Castillo-Elejabeytia, Nicolas García Pereyra, Wenceslao Veiga, Cabo Pastor, José Luis Prado, etc.

Outra prestixiosa entidade, o Club de Prensa, ven de presentar fai poucos días un novo número de FerrolAnálisis. Polo meu traballo fóra de Ferrol non puiden asistír á presentación. Polas novas que me chegan e polo que leo na prensa, unha vez cumprido o seu XXV Aniversario, semella que FerrolAnálisis quere abrirse de xeito máis amplo a Ferrol. Aqueles que de sempre dixéramos que tiña una traxectoria cada vez máis afastada da cidade onde naceu, cremos que é unha boa nova. burgoa-20-bDentro das máis importantes asociacións culturais deixo para o final á máis antiga, o Real Coro Toxos e Froles. Desde a miña boa e intensa relación que tiven co Real Coro, antes de exiliarme de Ferrol, desexo que a celebración do seu Centenario teña o broche que a prestixiosa sociedade e os seus membros merecen. Como xa escribín noutro medio de comunicación tempo atrás, debeuse publicar un número especial da histórica revista “Labor Galega” para poñer en valor e darlle mellor difusión a este Centenario. Quizás non se considerou necesario ou a axuda do Concello non chegou para este mester.

Do resto do abondoso número de asociacións culturais inscritas no Rexistro Municipal coido que nada teño que dicir, posto que de momento nada de interese fixeron. Mesmo o Foro de Amigos de Ferrol (F.A,F.) tivo un estrepitoso fracaso no seu intento de implicar ás asociacións e entidades ferrolás na reivindicación dese necesario e nunca chegado Museo da Cidade. Esperemos que alguén colla o relevo sobre este tema.

burgoa-20-c Desta rolda non vamos a falar do cativo (o cecais cautivo) labor do Concello nos eidos da Cultura, Patrimonio, Turismo e Ocio. O pouquiño que se pode dicir dirémolo a próxima semana, unha vez cumpridos eses manidos cen días (e porque non cento vinte días ?) da chegada da noviña Corporación Municipal.

Simplemente sinalar que o novo Concello non foi  quen de reabrir para uso dos investigadores o Centro Documentación do Patrimonio que dispón de máis de 3000 rexistros bibliográficos e documentais sobre Ferrol da Ilustración. Outrosí, unha vez que se logrou que a Armada abrise Capitanía General para a visita dos cidadáns, unha torpe actuación dun concelleiro ferrolán abortou esa apertura.

Lea también

Noites craras do luar-Antes de pedir reprobaciones…mírense al espejo

José Luis Álvarez Con la benevolencia del director de Galicia Ártabra reanudo mis comentarios de …

3 comentarios

  1. Es una pena que este señor esté exiliado de Ferrol y no vea lo bonita que está la calle Real

  2. ¿¿¿¿Exiliado de Ferrol el sr. Burgoa????? Pues yo lo veo muy a menudo pasear, sólo o en compañía de su mujer.

  3. El de Burgoa es un «exilio interior» que tiene que ver, más que con su ausencia física, con su ausencia intelectual de cualquier foro en el que haya más de una sola persona.