O BNG censura o silencio do goberno local sobre a construcción de petroleiros en Navantia

navantia-fene-660x330O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censura o engano reiterado do PP a respecto do inicio da cosntrucción das fragatas F110 que levan aparecendo con consignación orzamentaria nos presupostos do estado ao longo de toda a lexislatura e considera cínico o posicionamento do goberno municipal de Ferrol por rasgarse as vestiduras por este engano mentres permanece en silencio fronte a marxinación dos estaleiros da ría na distribución da carga de traballo correspondente a construcción dos petroleiros da que están na pratica excluidos.

O BNG censura ademáis o engano ao que as organizacións estatais que sustentan o actual goberno da Cidade e o PP someteron aos veciños e veciñas da cidade ao longo de décadas mediante o desenvolvemento dun Plan Ferrol que se ten demostrado coma unha fraude desde a súa concepción e que non tiña máis obxectivo que a ocultación da exclusión dos estaleiros da ría da construcción naval en todos os ámbitos incluido o civil, base para unha verdadeira diversificación. Que agora se pretenda a redifición dos seus criterios para ocultar a marxinación dos estaleiros da ría non é maís que afondar na mentira

Lea también

Comités de Navantia acusan a la dirección de «bloquear» las negociaciones del convenio y el plan industrial

Los comités de empresa de los seis astilleros que la empresa naval pública Navantia tiene …