Susana Seivane actúa este sábado en el Pazo da Cultura de Narón

susana seivane-19-12 A gaiteira e cantante Susana Seivane –nacida en Barcelona aínda que de ascendencia galega- dará un concerto este sábado, día 19, no Pazo da Cultura de Narón.

A música folc tradicional de Seivane chega a Narón con temas do seu quinto álbum, Fiz, inspirado na súa maternidade e que leva o nome do seu primeiro fillo, nacido en 2013.

A actuación comezará ás 20.00 horas e terá unha duración aproximada de hora e media, tempo no que a gaiteira fará gozar aos asistentes cun amplo repertorio de pezas tradicionais e de autor, interaccionando co público.

As entradas poden adquirirse na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 euros para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …