O BNG de Narón presenta dúas serigrafías do deseñador ferrolán Juanlu

naron-bng-25-12Os concelleiros do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Narón, Pablo Villamar e Teresa Sabio, presentaron as dúas obras creadas en exclusiva para a organización polo deseñador gráfico ferrolán Juanlu. É a segunda iniciativa que, no marco da campaña Queremos Narón, leva adiante o BNG para difundir o traballo e a obra dos artistas locais, así como o patrimonio, material e inmaterial, do municipio. A primeira, que foi o ano pasado, tivo como protagonista a Leandro Lamas, que representou, co seu estilo particular e recoñecible, o muíño de Xuvia e mais o mosteiro do Couto (aínda á venda).

No caso das obras de Juanlu –a súa obra pode consultarse na web, “Garabatos de Juanlu”-, o artista decidiu representar o muíño e mais a área recreativa de Pedroso, así como unhas cantareiras. As láminas venderanse a un prezo de 10 euros a unidade e poden encargarse a través das páxinas de Facebook do BNG de Narón e Queremos Narón, así como no correo electrónico bng@naron.es ou no número de teléfono 696 915 907.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …