Este mércores tradicional mostra de corais de persoas maiores no Jofre

coro_centro_mayores_ferrol__largeO Teatro Jofre de Ferrol acolle este mércores 30 de decembro a tradicional Mostra de corais de Persoas Maiores, convertida nunha cita interxeracional e de difusión da música e da cultura local, na que participarán catro agrupacións de persoas maiores con 136 integrantes e preto de 100 nenos e nenas do “Peque coro” do Conservatorio de Música de Ferrol.

A tradicional Mostra de Corais de Persoas Maiores de Ferrolterra, promovida polo Concello de Ferrol con motivo das Festas de Nadal, convértese así nun evento lúdico no que se difunde e fomenta unha das tradicións máis arraigadas de Ferrol, como é a afección pola música, e se pon de manifesto a vinculación que xera entre distintas xeracións.

Dunha banda, participarán catro agrupacións de persoas maiores de Ferrolterra, que suman un total de 136 membros: a Coral Centro de Maiores Afundación de Ferrol, que conta con 24 persoas, a Coral Airiños de Caranza (34 integrantes), Coro Universitario Senior do Campus de Ferrol (38) e Coral Ecos de Chamorro (24).

Xunto a eles, o concerto contará coa actuación do “Peque Coro” do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, que na actualidade conta xa coa presenza de 95 nenos de oito anos en adiante, e que serán os encargados de pechar o evento.

A fonda pegada da música en Ferrol e do seu arraigo social e cultural amósase no feito de que o número de integrantes do “Peque Coro” pasou dos 75 do ano pasado aos 95 desta ocasión.
Unha Mostra de Corais que contribúe a crear novos vínculos entre os maiores, ocupar o seu tempo de leer e propiciar o fortalecemento das relacións interxeracionais, segundo destacou a concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo.

No evento colaboran tamén persoas do voluntariado municipal para axudar na recepción e na preparación previa das actuacións dos membros das corais. As invitacións xa están esgotadas pero no caso de que quede algunha entrada dispoñible se poderá retirar da taquilla do Jofre antes do concerto.

Lea también

El Festival Ilustrado regresa a Ferrol en junio

Ferrol acoge los días 14,15 y 16 de junio un evento único en España que …