Eliximos sinala que o tripartito non defende os intereses económicos de Narón

(Fot. arch)
(Fot. arch)

Eliximos Narón presentou unha moción para que o pleno instase á Concellería e ao Ministerio de
Industria ao cambio da normativa, para que tamén reflicta o uso do aluminio nas redes de alumeado
público, co fin de reducilo custe das instalacións a un terzo das instalacións en cobre e tratar de evitar
os roubos de cable, dado o impacto que ten no servizo para os veciños e o custe de reposición para o
Concello.

As instalacións con cable de aluminio xa son unha realidade dende hai décadas para todo tipo de
tensións e, aínda que teñen un tratamento diferenciado polas características propias do material, son
de uso moi estendido principalmente por ser mais económicas que as de cobre.

Esta solicitude non supón custe nin compromiso ningún para o Concello nin para os veciños, só
supón unha posibilidade mais á hora de facer as instalacións, como cando escollemos entre tubaria
de cobre aceiro inoxidable ou os distintos tipos de plásticos, e por iso non entendemos a negativa do
goberno ante esta solicitude.

A negativa do tripartito supón limitar a posibilidade de evitar os roubos e tamén que os naroneses
paguen dúas veces mais polas obras de nova instalación ou reposición, e dicir, mais obras e mais
gasto que se traduce en beneficio industrial das empresas instaladoras, o cal fai que nos preguntemos
cales son os intereses que está a defender o tripartito naronés.

Lea también

La ASCM conmemora el día del libro con un MercaLIBRO solidario

La Asociación Sociocultural ASCM organiza este viernes 19 en el local social de A Gándara …