O alcalde de Narón apoia ás reivindicacións dos traballadores do naval

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, expresou  publicamente o seu apoio unánime ós traballadores do sector naval, en defensa da carga de traballo dos astaleiros de Ferrol e Fene. O rexedor respalda así a marcha a pe que realizarán os empregados de Navantia dende Ferrol ata A Coruña, onde está previsto que se reúnan co delegado do Goberno en Galicia para trasladarlle as súas reivindicacións, o vindeiro 9 de febreiro.

José Manuel Blanco indicou que o sector naval é unha industria fundamental e indiscutible para o desenvolvemento económico da bisbarra de Ferrolterra, e que dá emprego non só ós traballadores da factoría pública senón tamén ás compañías auxiliares do naval, moitas delas afincadas no polígono naronés de Río do Pozo. “O municipio de Narón tamén está a sufrir as consecuencias da falta de emprego no sector naval, dado que a maioría dos traballadores das compañías auxiliares proceden da nosa cidade”, comentou o Alcalde, lembrando o seu apoio ás reivindicacións dos traballadores do naval.

“Queremos que se garantice a carga de traballo nos astaleiros públicos, a construcción do dique flotante en Navantia Ferrol, e a creación dunha división de reparacións de buques, para garantir o mantemento desta industria”, apuntou Blanco. O rexedor fixo un chamamento público ós dirixentes da SEPI e do goberno central, ós que reclamou “que defendan un sector fundamental para o desenvolvemento económico do país”. Ademáis, o Alcalde de Narón tamén instou a “defender outros sectores estratéxicos para o noso país, coma o da enerxía eólica”, en referencia á paralización das concesións por parte do goberno central.

Lea también

Axenda en Narón o 20 e 21 de abril

Sábado 20 de abril de 2024 Actividade: Obradoiro “Encadernación ecolóxica” Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico …