«Se En Marea fose outra cousa que Podemos non aceptarían quedar diluídos no Grupo Parlamentario de Podemos» (M. Tellado)

Miguel Tellado

O voceiro do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, foi moi critico hoxe coa decisión de En Marea de renunciar a ter unha andaina por separado no Congreso dos Deputados e optar por completar o Grupo Parlamentario de Podemos. Para o dirixente popular, a coalición «enganou aos galegos asumindo unhas siglas e uns compromisos diferentes aos de Podemos cando en realidade son a mesma cousa».

Tellado recorda que é certo que parte de En Marea era Podemos, pero «tamén o é que Anova e outras formacións do ámbito do nacionalismo galego confluíron nesa plataforma». «Agora renuncian a ese nacionalismo para facer posibles as aspiracións de Pablo Iglesias», lamentou o voceiro.

«É un triste final para a carreira nacionalista de Xosé Manuel Beiras, que toda a vida defendeu un nacionalismo que combatera as forzas estatais e agora está integrado nunha delas», dixo.

Para o voceiro popular o experimento de Podemos no Congreso terá un percorrido similar ao da coalición AGE, que arrancou no Parlamento galego con nove deputados e como terceira forza parlamentaria, e «agora é a carta tras perder a terceira parte dos seus integrantes».

«En Marea ven de entregar o voto dos galegos a Pablo Iglesias, Íñigo Errejón e Carolina Bescansa, e verán diluída a súa representación nun grupo que ten aspiracións diferentes ás de Galicia. Puideron xestionar os seus apoios de forma independente e sen máis ataduras que aquelas que implican os votos dos galegos, como fixo Compromís no caso da Comunidade Valenciana, pero preferiron ser mandados por Iglesias que polos galegos que os converteron en segunda forza en Galicia nas pasadas eleccións xerais», indicou Tellado.

En todo caso, Tellado engade que, «sabendo que En Marea defende a autodeterminación dos pobos ao igual que Podemos, non sabemos a qué espera o PSOE para dicir que nunca pactará con eles en busca da investidura de Pedro Sánchez». Ademais, recordou que aínda está pendente unha explicación convincente da cesión de senadores do PSdeG a ERC.

«Ao final houbo nacionalistas que votando a En Marea apoiaron a campaña dun partido estatal como Podemos, e socialistas que votando ao PSOE apoiaron as reivindicacións secesionistas de ERC», criticou.

Lea también

Desarticulado un grupo dedicado al robo de herramientas en la Costa da Morte

El arresto de los tres individuos que formaban parte del grupo, dos hombres y una …

Un comentario

  1. El Sr. Beiras está satisfecho.
    Y un tanto mareado.