Presentación en Vigo do libro «Diarios» do xornalista Ramón Loureiro

(Fot.teinteresa.es)
(Fot.teinteresa.es)

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na tarde deste mércores en Vigo na presentación do libro «Diarios» (Eurisaces Editora), unha obra que, segundo afirmou, «nos ofrece a oportunidade de afondar na escrita de Ramón Loureiro a través doutros rexistros, tanto vitais coma estilísticos». O escritor e xornalista de Fene é o autor deste traballo no que, en palabras de Anxo Lorenzo, «as opinións, os apuntamentos e as lembranzas do escritor conviven cos personaxes que o acompañaron literariamente».

ramon loureiro-20-1-bNun acto celebrado na librería Rayuela, no que interviron o propio autor e o editor Javier González, o secretario xeral referiuse á «influencia na escrita de Loureiro dos clásicos da literatura, na que non falta a súa admiración pola tríade formada por Álvaro Cunqueiro, por Torrente Ballester e por Carlos Casares».

Tamén fixo mención ao prólogo de César Antonio Molina, no que aporta «unha interesante reflexión sobre a esencia mesma do diario como creación, como monólogo interior, no que o autor se converte nun actor que escoita, que medita, que observa no seu camiñar pola vida».

Xornalista, escritor, fotodocumentalista e académico de número da Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo, Ramón Loureiro (Fene, 1965) é autor de numerosas obras de ensaio e narrativa, entre as que se inclúen «As galeras de Normandía», «León de Bretaña» e «El lejano reino de la Vía Láctea», que conforman a «Triloxía do Norte». Ten participado en diversas obras colectivas e conta tamén con obra infanto-xuvenil.

Lea también

El presentador de “Órbita Laika”, Eduardo Sáenz de Cabezón, imparte una conferencia en Ferrol

La conferencia “Á nosa imaxe e semellanza. Unha viaxe ao cerebro da máquina” invitado por la Cátedra …