O BNG lamenta que o Goberno de Suárez asuma o convenio co Defensa do pasado mandato do PP

ivan rivas eva 6-8

Dende o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol han sinalado que «lamentamos que as negociacións do acalde da cidade, Jorge Suárez, co Ministerio de Defensa en ningún caso cuestionen o feito de que o goberno local teña que pagar polas propiedades incluídas no convenio con Defensa, unha decisión que o propio alcalde tiña censurado e criticado antes de chegar ao cargo por tratase dunhas propiedades que orixinariamente pertencían aos veciños e veciñas da cidade».

Para os nacionalistas o alcalde volve «unha vez máis a comportarse como facía o anterior goberno municipal, asumindo o mesmo discurso que tiña o Partido Popular de que esta cidade non pode esperar máis por este convenio sen ter un plan para o seu desenvolvemento e asumindo o pago por estas propiedades sen que en ningún momento se lle pasara pola cabeza rachar con esta dinámica prexudicial para coa nosa cidade e cuestionar un convenio que supón o asalto as arcas municipais consentido polo goberno local, pagando por propiedades que deberían revertir de modo gratuíto nos seus lexítimos propietarios como son os veciños e veciñas da cidade», lamentaron dende o Bloque Nacionalista. «Deste modo dende o goberno da cidade non só non se pretende solicitar a devolución dos 120.000€ adiantados polo PP, que non supuxeron a adquisición de ningún dereito por parte do Concello, senón que se pretende facer efectivos os 460.000€ restantes sen que sinta ningún tipo de rubor», sinalaron.

Así mesmo, o BNG considera que o goberno local debería esixirlle ao Ministerio de Defensa e ao resto de administracións con propiedades abandonadas no Concello de Ferrol que atendan as súas obrigas de conservación dos inmobles e parcelas da súa propiedade que permanecen no máis absoluto abandono, «como é o caso do Sánchez Aguilera e o resto de propiedades incluídas neste convenio», indicaron.

«Dende o BNG lembramos que a decisión sobre os usos do Sánchez Aguilera e a posibilidade de frear os seus usos especulativos, incluíndo o espazo reservado para a construción dunha nova macro-área comercial e o cambio de uso da estación radio de Mandiá é unha decisión de competencia municipal. É por isto que reclamamos que o urbanismo da cidade debe estar sometido as necesidades dos veciños e veciñas e non aos intereses doutras administracións como acontecía no anterior mandato e continúa a acontecer no actual», apuntaron os nacionalistas.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …

4 comentarios

  1. Sabe que, por deseo de Paco Rodriguez, el Gobierno Municipal de Ferrol que presidía Xaime Bello, compró el Castillo de San Felipe?
    Pregúntele usted a su padrino Paco Rodríguez

  2. Demetrio Varela

    ¿Pero sigue existiendo el BNG? Hacía más de un mes que ni una rueda de prensa daban. Al parecer, son monotemáticos: les interesa el tema Defensa y nada más. Para el resto, callan y otorgan. Cómplices de Jorge Suárez.

  3. Cuando Defensa vendió el Edificio del Antiguo Gobierno Militar, el Ayuntamiento de Ferrol, en contra del criterio que venía manteniendo de reversión gratuita del los bienes desafectados de Defensa, también formuló una oferta de compra, era el Gobierno del BNG. Finalmente el edificio fue comprado por Caixa Galicia.
    En Mugardos, también quiso comprar el Castillo de la Palma

    El BNG tiene muy mala memoria

  4. O BNG o único que defende os intereses da cidade ante un convenio que é unha usura, e parece que a moitos lles molestas; despois chorade polas esquinas qeu Ferrol morre