O Parlamento galego aproba fomentar a relación entre Administración e estaleiros

parlamento-galicia

O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a seguir fomentando a cooperación entre administracións e os estaleiros públicos e privados que conforman o sector naval galego, co fin de mellorar a investigación e a innovación no sector e ganar novos contratos e lograr posicionarse internacionalmente nos nichos de mercado máis innovadores, como a construción naval convencional, o da eólica off-shore ou a construción e adaptación de buques propulsados por gas natural licuado.

O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, apuntou que «trátase de traballar no camiño da optimización dos procesos produtivos, mediante o desenvolvemento dun estaleiro dixital para traballar en deseños e estratexias construtivas e a realización de novas ferramentas para a mellora da automatización e robotización das técnicas de construción naval».

»O Partido Popular considera fundamental continuar cooperando para levar a Industria 4.0, na que está a traballar a Xunta de Galicia a través daAxenda da Competitividade, ós estaleiros galegos, e, nomeadamente, aos estaleiros públicos da ría de Ferrol», engadiu Miguel Tellado.

O viceportavoz popular sinalou que esta aposta innovadora «permitirá dotar ao sector naval de instrumentos como o programa Conecta Pemes, que vén de abrir unha terceira convocatoria; ou as propias unidades mixtas, que suman tres proxectos na industria naval permitindo avanzar na mellora do deseño e fabricación de eixos de buque ou na busca de solucións tecnolóxicas de baixo custe».

«En Galicia hoxe hai en marcha tres unidades mixtas do sector naval que supoñen un investimento total de máis de 9 millóns de euros e que están a xerar 48 empregos directos», puntualizou Tellado. En concreto, fixo referencia á unidade mixta entre Navantia e a Universidade da Coruña, que ten por obxecto desenvolver o Estaleiro do futuro nas instalacións de Navantia Ferrol e que supón o deseño dun novo concepto de estaleiro para o século XXI, coa tecnoloxía precisa e coa modernización dunhas instalacións como as de Navantia Ferrol.

Mellor situación dos estaleiros

Tellado considerou «evidente que a situación actual dos estaleiros da ría de Ferrol é mellor que en decembro de 2011 cando o Partido Popular chegou ao Goberno de España despois de que o Goberno socialista non conseguira un só contrato para os estaleiros entre 2008 e 2011».

«Hoxe a carga de traballo dos estaleiros da ría de Ferrol está perfectamente definida co flotel de PÉMEX, a enxeñería e equipamento do LHD para Turquía, o Buque de Acción Marítima, os 29 jackets para Iberdrola, as cinco macro estructuras para a filial de Statoil, as catro proas e bloques de máquinas petroleiros para Ondimar. A estes contratos cómpre engadirlle tamén o encargo do desenvolvemento do programa de I+D+i para a serie de Fragatas F-110, dotado cun orzamento de 135 millóns de euros», concretou.

Deste xeito, manifestou que «a ría de Ferrol conta cuns estaleiros que poden traballar e traballan no eido da  construción  naval civil, cuns estaleiros que poden traballar e traballan no eido da construción naval militar e cuns estaleiros que poden traballar e traballan xa no eido da diversificación industrial, no offshore da man da eólica mariña». «Nós imos defender as tres actividades: a construción civil, a construción militar e a diversificación», subliñou.

Lea también

Comienzan los nombramientos de cargos en la Xunta. Martina Aneiros regresa como delegada de la Xunta en Ferrol

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, profundiza en la reforma del Gobierno autonómico con …