II Xornadas formativas en música tradicional no Centro Cívico de Sedes

xornadas formativas-2A Asociación Cultural «Vai Rañala Meu!» organiza para este sábado 30 de xaneiro  no Centro Cívico de Sedes, Narón, as súas IIas Xornadas Formativas en Música Tradicional. Dirixidas a músicos profesionais ou amadores, ten por obxetivo crear un marco formativo continuo para interpretes de música e danza tradicional.

Estas IIas Xornadas , xiran entorno á realización de 3 obradoiros formativos en diferentes disciplinas musicais en esta ocasión a Técnica Vocal, a de Gaita e a de Zanfona. Para elo a Asociación Cultural «Vai Rañala Meu!» logrou reunir un equipo docente de músicos dos máis destacados do País:

– Xiana Lastra, en Técnica Vocal.

– David Bellas en Técnica de Gaita.

– Germán Díaz en Técnica de Zanfona.

Os obradoiros teñen unha duración de 6 h. e divídense en xornada de maña de 11 a 14 h. e de tarde de 16 a 19 h.

Asemade, a Asociación Cultural «Vai Rañala Meu!» ten programado dentro destas IIas Xornadas Formativas en Música Tradicional a presentación para a comarca de CD de Efraím Díaz «Pito Galego», que estará acompañado polo Miguel Luthier Mosquera .

Como peche das Xornadas, a Asociación Cultural «Vai Rañala Meu!» organiza unha repichoca onde están convidados a participar todos aqueles e aquelas que gosten da música do País.

 

Lea también

Charlas dirixidas a familias con menores matriculados nas escolas infantís de Narón

A edil de Ensino do Concello de Narón, Olga Ameneiro, informou que os días 22 …