A Xunta recibe o plan xeral de Mañón para a súa aprobación definitiva

mañon-plan xeralA secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu na mañá deste martes de mans do alcalde de Mañón, Alfonso Emilio Balseiro Gómez, o que suporá o primeiro plan xeral de ordenación municipal deste concello coruñés, situado na comarca de Ortegal. O alcalde entregou o proxecto de planeamento para acadar a súa aprobación definitiva.

Cómpre lembrar que o documento que se está a ultimar obtivo a aprobación provisional o pasado 19 de agosto, sendo achegado polo concello á Xunta para aprobación definitiva a principios de setembro. Un mes despois foi requirido pola Xunta tras comprobarse que a integridade documental do PXOM, composta polo expediente administrativo e o proxecto, estaba incompleta.

Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que agora a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para analizar o PXOM. A aprobación deste documento de planeamento porá fin a vixencias das polas normas subsidiarias provincias aprobadas en xuño de 1978.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico a este proxecto de urbanismo para o que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio concedeu axudas por importe de 112.000 euros.

Lea también

Neda impulsa varias jornadas de puertas abiertas en la escuela infantil Os Pelegríns

El Ayuntamiento de Neda promueve durante la próxima semana varias jornadas de puertas abiertas en …