Eleximos Narón pide apoio para conceder a Medalla de Ouro de Galicia a Andrés do Barro

(Fot.-lafonoteca.net)
(Fot.-lafonoteca.net)

Eliximos Narón pide o apoio de Narón e da Mancomunidade de Concellos de Ferrol a solicitude da Medalla de Ouro de Galicia para Andrés do Barro.

Nun comunicado sinalan que «Dende fai bastante tempo, un grupo de persoas unidas na Plataforma «Medalla de Galicia a Andrés do Barro» veñen reivindicando, que un dos galegos máis universal dos anos 70, sexa recoñecido como corresponde, por haber conseguido que na España da época e nos lugares de acollida dos nosos emigrantes (tanto de Europa como de América) se cantara e bailara en galego algo distinto das cántigas populares, sen medo e sen vergoña.

Andrés Lapique do Barro (Ferrol, 1947-1989) tivo o mérito de ser un dos primeiros cantautores que
usaron o galego durante a ditadura franquista. Utilizou un pop contaxioso con reminiscencias folk e en
novembro de 1969 co single que contén “O tren”, entrou directamente ao número un da lista de
ventas en España, e sendo a primeira canción en galego en conseguilo.

É importante destacar que non utilizou o galego como arma política, só buscaba dignificar o seu idioma
materno e reivindicar un lugar para o galego na música popular. Tampouco buscou a popularidade,
senón que esta veulle por accidente e quizá non fose capaz de asimilala.

Un cúmulo de cancións como «O Tren», «Corpiño Xeitoso», «San Antón», «Pandeirada», «Teño
Saudade», etc., seguen na memoria e no historial da nosa música que cun estilo único e inconfundible
cubriron páxinas do panorama cultural da época. A súa figura é moi importante para entender o
desenvolvemento da escena galega, xa que nel está o xénese do pop en Galicia.

Hoxe é reivindicado como unha referencia ineludible da música galega, como unha icona pop,
reivindicándose tamén a súa modernidade, o seu labor pioneiro na fusión da música popular co pop
A figura de Andrés Do Barro, un tanto esquecida nestes momentos, ben merece ser posuidor da
Medalla de Ouro de Galicia (a título póstumo) por conseguir naqueles momentos e naquelas
circunstancias ser número un  en popularidade e ventas de discos con cancións en galego que hoxe
forman parte do expositor musical galego e español».

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …

Un comentario

  1. A Andrés lo despreció la izquierda de «a nova canción galega» porque era de familia de marinos ferrolanos. Le negaron el pan y la sal porque no se enfrentó a nadie, y porque tuvo éxito le llamaron comercial y miraron hacia otro lado. No está de más que ahora le rindan un pequeño homenaje.