O BNG de Narón insta á Xunta ao cumpimento da Carta Europea das Linguas Rexionais

pablo villamar

O portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista de Galicia de Narón, Pablo Villamar, presentou esta mañá unha moción para o seu debate no pleno ordinario do 25 de febreiro na que se insta á Xunta de Galicia ao cumprimento  da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas. A organización nacionalista tratará de que o texto sexa apoiado por todos os concelleiros da corporación naronesa.

«A moción vén motivada polas conclusións do 4º Informe de avaliación do cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas publicado o 21 de xaneiro», incidiu o portavoz nacionalista, sinalando que «nel, o Comité Internacional de Exportos inclúe unha serie de recomendacións do Consello de Ministros de Europea ao Estado español, entre as que se atopa a necesidade de dar cumprimento ás garantías ás que tanto o Estado español como a Xunta de Galiza se comprometeron ao ratificar a devandita Carta no ano 2001».

Nesa liña, o BNG solicitará o apoio do restos dos grupos municipais para que atenda o fragmento do Informe no que afirma que o decreto 79/2010 de Plurilingüísmo «contradí o estabelecido na Carta, así como o punto 5º da Resolución do Consello de Ministros de Europa no que se sinala que a introdución dunha terceira lingua no ensino “non pode afectar negativamente á propia», incidiu Villamar.

Na moción ínstase á Xunta a elaborar un novo decreto para o uso do galego no ensino e que, mentres iso non aconteza, derrogue os artigos que limitan o uso do galego nas aulas, as porcentaxes máximas de materias a impartir en galego e a prohibición de impartir na nosa lingua as materias científico-técnicas ou matemáticas.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …

3 comentarios

  1. ¿Y de que el BNG haya votado en contra de construir el nuevo centro de salud qué opina?

  2. Desde que le quitaron el Audi quedó para vestir santos

  3. ¿Por qué siempre hablan de competencias ajenas a Narón? Este señor está gobernando en Narón y se pasa los años instando a Madrid y a Santiago mientras él no da un palo al agua. Y a vivir, que se lo pagamos TODOS