Luz verde para a creación da categoría de Enfermeiro Especialista en Familiar e Comunitaria

O 14 de Xaneiro do 2014 a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria firmou un acordo conxunto cos sindicatos con representación na Mesa Sectorial reclamando a inserción laboral dos Enfermeiros Especialistas en Familiar e Comunitaria. Dende a AGEFEC destacaron que «dous anos despois de innumerables reunións e dun gran traballo desenvolto pola AGEFEC cos especialistas e residentes galegos, lograr este acordo é un gran paso previo ao que será a creación oficial da categoría profesional e a inserción dos Enfermeiros/as Especialistas en Familiar e Comunitaria».

Dende AGEFEC agradeceron o apoio recibido e o traballo realizado polas Organizacións Sindicais, polas Sociedades Científicas Enfermeiras e Médicas así como tamén polo Consello e Academia de Enfermería de Galicia como dos Colexios Oficiais de Enfermaría provinciais de Galicia. Tamén felicitaron a Consellería de Sanidade pola redacción do texto presentado «a pesares de chegar máis de dous anos tarde, confiando en que inserción laboral sexa moito máis rápida do que foi o proceso de creación da categoría ata hoxe».

«Congratúlanos que este Proxecto de Decreto contemple o sistema polo que accederán aqueles Enfermeiros Especialistas de Familia e Comunitaria “sen título” que por mor da grave demora do Ministerio de Educación non tiveron aínda a oportunidade de realizar o exame da vía extraordinaria. Agardamos que o Servizo Galego de Saúde sexa fiel ao acordado e recollido no texto, para que cando chegue o momento todos estes profesionais vexan recoñecida a súa especialidade na catalogación do seu posto de traballo».

«A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria como non podía ser doutro xeito aposta decididamente pola especialidade, como ferramenta para mellorar a calidade da Atención Primaria e tamén para estar a altura dos retos asistenciais que nos toca afrontar. Xa que a fin última dun sistema sanitario público forte, de calidade, eficiente e resolutivo é prestar a mellor atención nas mellores condicións aos usuarios e pacientes do mesmo».

«Confiamos en que o desenvolvemento da Especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria ao igual que o resto de Especialidades Enfermeiras, se faga decidida e progresivamente, procurando a estabilización dos Enfermeiros/as Especialistas para amortiza-lo investimento económico, humano e docente feito neles, como tamén para garanti-la viabilidade e continuidade das Unidades Docentes incorporando novos Titores de Residentes», dixeron dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Lea también

Comienzan los nombramientos de cargos en la Xunta. Martina Aneiros regresa como delegada de la Xunta en Ferrol

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, profundiza en la reforma del Gobierno autonómico con …