Narón acolle un seminario sobre «Marca persoal e identidade dixital»

A Aula Cemit de Xuvia, Narón acollerá este día 25 un seminario sobre Marca persoal e identidade dixital. Incidencia sobre o emprego que impartirá Xosé Alberte Cea a través dunha videoconferencia, tal e como anunciou a edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida.

A convocatoria terá unha duración de tres horas, de 17 a 20 horas, e diríxese a responsables e profesionais de Recursos Humáns e a persoas que consideren que o talento é un elemento clave na súa actividade profesional ou na da súa organización, tal e como indican os responsables da convocatoria. A iniciativa está organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e para participar na mesma é necesario inscribirse, de balde, a través da páxina: www.cdtic.xunta.es.

O programa a desenvolver durante a convocatoria abordará temas como: A Marca persoal e a identidade dixital; O inicio da identidade profesional na rede: o papel do correo electrónico; Ferramentas para o posicionamento profesional na rede e O employer branding como estratexia competitiva: o papel da diversidade nun mundo global co coñecemento no centro da actividade económica.

A videoconferencia emitirase, ademáis de na Aula Cemit de Narón, nas de A Cañiza, Castro Caldelas, Celanova, Fisterra, Leiro, Ortigueira, San Sadurniño e Vilanova de Arousa.

Lea también

O BNG de Narón presenta unha moción sobre vivenda

O BNG de Narón presenta unha moción no pleno para frear o prezo dos alugueiros, …