Concedidos os premios de «Mortadelo e Filemón en Fenicia», do concello de Fene

fene-concurso filemónO xurado do concurso «Mortadelo e Filemón en Fenicia”» convocado pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene, ven de dar a coñecer os nomes dos gañadores/as deste certame, que se artellou con motivo da exposición no Museo do Humor de Fene da mostra “Francisco Ibáñez, el mago del humor».

O xurado -formado pola concelleira de Cultura e Ensino de Fene, Amalia García, os/as profesores/as Antón Pena, do CEIP Centieiras, Blanca López, do CPI A Xunqueira, e Benigno Sánchez, do Ceip O Ramo, así como a coordenadora do Museo do Humor, Almudena Marcos, e o xestor de Actividades Culturais do Concello (Secretario do certame), Daniel Romero– acordou por unanimidade conceder os premios a:

CATEGORÍA DE EDUCACIÓN INFANTIL. Lucía Pereira Bellas, alumna da escola de pintura de Dulce Anca, por un traballo presentado co título de «Roubo no Museo». O premio consiste nun vale por importe de 50 € en libros e diploma.

CATEGORÍA 1º, 2º, 3º DE PRIMARIA. Noa Ferreiro Bellas, alumna do Ceip A Fraga de As Pontes, por un traballo presentado co título «Mortadelo e Filemón no Museo do Humor». O premio consiste nun vale por importe de 50 € en libros e diploma.

CATEGORÍA 4º, 5º, 6º DE PRIMARIA. Jaime Ameneiros Fernández, alumno do Ceip Centieiras de Fene, por un traballo presentado co título «Exposición Ibáñez». O premio consiste nun Ipod Nano e diploma.

CATEGORÍA ESO.  Daniel Lago Luaces, alumno do CPI  A Xunqueira,  por un traballo presentado co título «Casa da espionaxe». O premio consiste nun lector de libro electrónico Kindle Paperwhite e diploma.

CATEGORÍA BACHARELATO. Deserto.

CATEGORÍA ADULTOS. Xavier Picos Rodríguez, do Centro Ocupacional Aspaneps de Fene, por un traballo titulado «Mortadelo e Filemón. Un día en Aspaneps!». O premio consiste nunha tableta BQ Aquaris M-10 e diploma.

Á vista da elevada participación rexistrada na categoría de 4º, 5º e 6º de Primaria e da calidade dos traballos presentados na mesma, o xurado acordou tamén a concesión de senllos accésits, a:

. Irene Beatriz Díaz García, alumna do CEIP Centieiras de Fene, polo seu traballo titulado «Mortadelo e Filemón, luces, cámara e acción».

. Clase de 6º de Primaria do Ceip Maciñeira de Neda, polo seu traballo (colectivo) titulado «Na procura do profesor Bacterio».

Por último, o Xurado acordou a edición dos traballos gañadores e fixar a data do mércores 16 de marzo ás 12.00 horas para a entrega dos premios no Museo do Humor de Fene.

Lea también

Un jurado declara no culpable a la mujer acusada de matar a su marido en Monfero

El Tribunal del Jurado ha considerado a la acusada de matar a su marido en …