Willy Toledo, Luis Bermejo e Javier Gutiérrez interpretarán en Narón a obra «El Rey»

el rey 25-2

A quinta produción da compañía Teatro de Barrio chegará mañá a Narón. O Pazo da Cultura acollerá os días 26 e 27 a representación de El Rey, unha comedia escrita por Alberto San Juan, e cun elenco do que formarán parte Javier Gutiérrez, Luis Bermejo e Willy Toledo. A obra poderase ver mañá, ás 20:30 horas no Pazo da Cultura, e tamén o sábado día 27 a partir das 20 horas.

El Rey é unha obra protagonizada por Juan Carlos I e durante os 90 minutos de duración da mesma os actores interpretarán personaxes como Felipe González, Francisco Franco e Adolfo Suárez, entre outros, para relatar algúns dos sucesos máis importantes rexistrados en diferentes épocas da historia de España. Temas como o 23-F, os GAL ou a guerra do Golfo abordaranse durante este espectáculo.

O prezo das entradas para ver esta obra é de 12 euros para o público en xeral e 8,40 euros para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. Para obter máis información ou realizar reservas das localidades pódese chamar ao número de teléfono 981 102 897 ou escribir un correo electrónico a: taquilla.pazo@naron.es.

Lea también

O BNG de Narón presenta unha moción sobre vivenda

O BNG de Narón presenta unha moción no pleno para frear o prezo dos alugueiros, …

Un comentario

  1. ¿Willy Toledo? ¿Eso nos traen? ¿No estaba mejor en Cuba?