Narón reducirá a súa débeda bancaria con cargo a un préstamo da Deputación

Dende o Concello de Narón informouse que reducirase a súa débeda bancaria en máis de 456.000 euros grazas a un préstamo concedido pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Aforro e Investimento (PAI) 2016.

Segundo explicaron, «as condicións do crédito –sen xuros, dous anos de carencia e un prazo de devolución de dez anos- foron determinantes para que o goberno local decidira investir esa cantidade, que é o 84,5% da partida total asignada a Narón, na minoración do endebedamento existente, que era, a 31 de decembro do ano pasado, de 6,4 millóns de euros».

«A redución da débeda financeira é unha constante nos últimos anos. No seu comezo chegou a superar os 12 millóns de euros, debido aos créditos que foi necesario solicitar para cubrir a parte de investimento municipal necesaria para cofinanciar os proxectos realizados con cargo ás axudas do Plan Feder 2007-2013. Agora, co crédito concedido pola Deputación, baixa, por vez primeira en moitos anos, dos 6 millóns logo de atravesar unha época moi dura pola persistencia da crise económica».

O concelleiro de Promoción Económica e Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, incidiu en que «a situación económica do Concello é razoablemente boa, mais non esquecemos que hai familias que o seguen a pasar mal. O destino destes cartos para reducir débeda é bo para o Concello a curto, medio e longo prazo, pois aforramos moitos xuros e, dese xeito, cun programa de devolución flexíble como o que nos permite o PAI, seguiremos avanzando no saneamento das contas». Villamar quixo subliñar o cambio que está a experimentar a Deputación co cambio no goberno provincial, «que ten con nós un trato moito máis xusto ca o anterior».

Ademais da redución de débeda, dende o Concello imformouse que destinará 83.700 euros a investimentos, en concreto, á instalación de minipistas polideportivas nos parques da Gándara e Santa Tecla.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …

8 comentarios

  1. Yo no soy un lince ni soy economista….. pero cancelan una deuda pidiendo otra deuda…. ¡¡¡no se rebaja nada el endeudamiento!!! ¿Pero creen que somos tontos o qué?

    • Pues no, pero por lo menos no pagan intereses que estos en 10 años ascienden a mas o menos 100.000 euros, lo cual es un dineral.

      • Pagan gastos de cancelación. Estás de broma?

      • Alfonso Casal Pita

        Con un interés del 2,0385% el ahorro sera por debajo de los 66.000 euros con los gastos por la modificación del préstamo.
        El cambio de una instalación de alumbrado público por luminarias LED con un ahorro energético del 40% teniendo en cuenta la inversión necesaria en para la renovación viene a producir un ahorro del 2,267% unos 73.500 euros (7500 euros más).
        Este cambio mejora la iluminación, produce ahorro al concello, genera trabajo y reduce el impacto ambiental.

        • Alfonso Casal Pita

          Aclaración la estimación anterior era a la baja, pues según el informe técnico presentado para la reforma del alumbrado de las viviendas de la Marína los ahorros económicos se cifraban en 62%, 73% y 80% en cada uno de los tres circuito a renovar, lo cual supondría un promedio del 72% en el consumo.
          Teniendo en cuenta los gastos de la inversión el ahorro sería de un 4,08%, unos 132.000 euros en el mismo plazo, es decir, se duplicaría el ahorro.

      • Alfonso Casal Pita

        El préstamo que se va a reducir es una que hay con ABANCA al interés de Euribor + 2% sin clausulas suelo no techo que de los 2.000.000 iniciales restan por amortizar 1.333.333 euros y para el cual se amortizan 166.666,68 euros al año y los intereses que correspondían para el presente año era de 27.179,56 euros.

        Comentó el Sr. Villamar que había unos gastos por adelantar el pago pero no llegó a precisarlos.

  2. Alfonso Casal Pita

    Interrvención dende Eliximos en O Pleno:
    O uso do PAI para a mal chamada “Redución de endebedamento” non é tal, senón que ven a ser un regalo envelenado para a seguintes dúas lexislaturas, porque se deixa de pagar xuros e vostedes non teñen que comezar a amortizar esa débeda ata o último ano da súa lexislatura, mentres que deberan de facelo as seguintes.
    Por outro lado, encontrámonos coa mesma política de gasto en inversións non produtivas, que non aforran nada nin melloran a economía, e que pouco axudan as persoas, a o contrario do que sempre din pretender.
    É falando da axuda as persoas, quero recordarlles que o servizo socio comunitario leva reclamando 4 ou 5 anos unha nova aplicación informática que lles permita traballar con eficiencia e mellorando o servizo á veciñanza. Vostedes quéixanse de que non teñen funcionarios suficientes pero non lles facilitan as ferramentas que precisan para mellorar a súa capacidade produtiva.
    Creo que, coa creses que temos e o alto nivel de paro, en xeral, o que está a reclamar a veciñanza non son minipistas polideportivas, senón servizos coma a atención inmediata a persoas en situación o risco de exclusión social, que o concello ten o deber de prestar.
    En fin non estamos de acordo en que lle pasen as débedas as seguintes lexislaturas, nin con que o gasten neste momento en minipistas deportivas.

  3. el sr blanco solo tiene en mente para dentro de cuatro años no tener deuda para poder presumir en las próximas elecciones , pero nadie se da cuenta que la deuda baja gracias al esfuerzo de los vecinos que nos están robando descaradamente , un concello que ingresara en cuatro años sobre 120 millones de euros y va el listo del alcalde y nos quiere vender que va hacer unas pistitas de baloncesto que no valen nada y reformar una plaza con 4 duros , naron despierta¡¡¡¡¡¡¡