A protección ao menor unha dás prioridades dá Xunta de Galicia

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou o Centro Ferrol I de atención a menores de idade. Este centro de protección alberga a 24 internados, dos que 18 son mozos e 6 son mozas. A maioría deles atópanse en situación de risco social e unha porcentaxe considerable pertence a grupos sociais desfavorecidos, polo que experimentan unhas circunstancias persoais e ambientais que conducen á adquisición de condutas de inadaptación social.

As problemáticas que atenden teñen por tanto o seu contexto e orixe inmediato nun medio familiar e social marcado pola existencia de déficits económicos, sociais e culturais, dándose en moitos casos o desamparo destes menores. Ferrol I centra o seu traballo na busca de técnicas e formas de organización que permitan o desenvolvemento integral dos residentes, preparándoos para construír unha sociedade capaz de garantir o seu auténtico desenvolvemento humano. Para elo, leva a cabo accións diversas entre as que destacan os programas de mediación e orientación familiar, de educación para a saúde, así como os obradoiros de habilidades sociais e de educación en valores.

Na actualidade, a administración autonómica ten a preto de 2.000 menores baixo a súa protección en diferentes modalidades: tutelados, en garda, en acollemento residencial ou en acollemento familiar. Rey Varela explicou que «a meta é o desenvolvemento e o fortalecemento persoal de menores que teñen pasado por situacións complicadas». Ademais, durante a visita, o conselleiro de Política Social agradeceu «o compromiso, implicación e dedicación» que presentan os profesionais que traballan no centro.

MÁIS RECURSOS PARA AS SITUACIÓNS DE DESPROTECCIÓN

O titular da carteira autonómica asegurou que «é unha prioridade realizar unha atención integral a toda a infancia, e de xeito particular, aos menores que sofren unha situación de desprotección ou conflito social». «O que queremos é previr situacións de desamparo; e no caso de que se produzan, actuar de maneira rápida e eficaz, garantindo en todo momento os dereitos do menor», engadiu Rey Varela.

Así, a partida orzamentaria destinada en 2016 a atención ao menor ascende a 26 millóns de euros, o que supón 1,5 millóns de euros máis que o exercicio pasado. Este aumento repercutirá de xeito positivo nas persoas máis desprotexidas a través de dedicar máis recursos económicas a medidas como o Programa de intervención familiar, o Programa Mentor ou os puntos de encontro familiar; así como a liña telefónica gratuíta de axuda á infancia 116 111 ou o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil.

O TELÉFONO DE ATENCIÓN Á INFANCIA

A liña de axuda á infancia, ata que alcancen a maioría de idade é un servizo para todos os nenos e nenas que nalgún momento se sintan maltratados por outra persoa, necesiten axuda ou queiran falar sobre os problemas que lles afectan.Este servizo  coordinase co de Protección de menores.

Tamén poden chamar todas aquelas persoas que saiban ou sospeiten que algún neno ou nena,  pode estar a ser maltratado ou que non está a ser correctamente atendido.

É unha liña gratuíta que funciona durante todo o ano, as 24 horas do día, e o seu número é o 116 111. Neste teléfono atoparase sempre un profesional á disposición dos nenos e nenas, que buscarán a mellor solución para cada caso.

Se es un neno, nena ou adolescente, lembra:

Non permitas que ninguén te golpee. E no teu centro escolar denuncia o «Bullying».

-Non aceptes invitacións a participar en actividades sexuais.

-Moita precaución con quen tes contactos en internet, poden ser lobos con pel de cordeiro.

-Non deixes que ningunha persoa, da familia ou allea, teña por norma desprazarte ou insultarte.

-Tes dereito a ir á escola e ninguén pode obrigarte a traballar coma un adulto.

-Non hai persoa no mundo que teña dereito a maltratar a un neno. Non permitas que a ti che pase. Lembra que no 116 111 hai a todas as horas un profesional que está da túa parte porque tes dereito.

Non hai persoa no mundo que teña dereito a maltratar a un neno. Non permitas que a ti che pase. Lembra que no 116 111 hai a todas as horas un profesional que está da túa parte porque tes dereito.

Lea también

Pazo de Mariñán, capital do Dereito Administrativo Iberoamericano

Expertos en Dereito administrativo de máis de vinte universidades de España, Portugal,  Arxentina, Brasil, Uruguay, Ecuador,  Colombia, …