O BNG esixe ao goberno local que de conta dos motivos da paralización da reurbanización da Rúa Basanta

O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol pediu onte ao Goberno Local que explique os motivos que o levaron a paralizar o proxecto de reurbanización da rúa Basanta e esixe que se retome, sen máis dilación, este proxecto así como o de dotar de beirarrúas ao Camiño do Espiño.

O grupo municipal do BNG mantivo na tarde de onte un encontro coa directiva da asociación veciñal de San Xoán no que ademais destes dous proxectos, que son reivindicacións históricas no barrio, coñeceron de primeira man e se comprometeron a trasladar ao Concello as numerosas demandas que os veciños e veciñas formulan aos responsábeis municipais.

Para o BNG resulta incomprensíble que desde o Goberno Municipal se desviaran os fondos reservados para estas actuacións a outros cometidos menos urxentes e se desbote estas intervencións, necesarias para garantir a seguridade víal na zona, dando sempre a calada por resposta aos representantes veciñais.

O BNG salienta que dentro da súa emenda á totalidade dos orzamentos municipais, que foi desbotada polo PP, incluíamos a proposta de acometer estas dúas obras ademais do proxecto de mellora da praza de San Xoán, onde se asenta a entidade veciñal.

O BNG comprometimonos, así mesmo, a trasladar ao Concello a necesidade de ubicar nesta zona da nosa cidade un espazo libre, adicado á práctica deportiva, xa que carece dun lugar específico de lecer e deportivo o que se une á escaseza de parques infantís que ten o barrio.

Lea también

Chelo Loureiro visita los colegios de Ferrol

La productora ferrolana Chelo Loureiro ha comenzado este miércoles 24 en el CEIP de Ponzos …