O Goberno central canalizará ante Bruselas as demandas do sector lácteo galego

A Consellería do Medio Rural móstrase satisfeita do traballo feito nos últimos meses e agradece ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a batería de propostas que levará a Bruxelas sobre o sector lácteo e que se moven na mesma liña que as presentadas pola Xunta de Galicia.

A conselleira da área, Ángeles Vázquez, quixo mostrar a súa gratitude «en particular á ministra Isabel García Tejerina pola súa disposición ante este asunto», e espera que na Unión Europa teñan a mesma receptividade que tivo Madrid.

As propostas que o Goberno central levará a Bruxelas tratarán de equilibrar a oferta e a demanda. Para iso, reclamarase á Comisión Europa un incremento dos prezos e do volume de intervención. Así mesmo, para fomentar a demanda, apóstase por campañas de promoción do consumo e pola busca de novos mercados. A Xunta está así, de acordo con Ministerio en que Bruxelas debe dar un paso adiante e tomar decisións de cara á resolver un problema que precisa de solucións comunitarias.

Estas medidas tamén foron apoiadas polo sector na mesa de traballo do Plan de Fortalecemento do Sector Lácteo que se reuniu a semana pasada. Deste modo, será a súa voz a que se escoite en Europa no próximo Consello de Ministros de Agricultura da UE que se celebrará a mediados de marzo e no que se pretenden conseguir solucións para a problemática do sector xa de cara á primavera.

Ademais, o Ministerio vai máis aló, e segundo informou, está tamén a traballar nun instrumento financeiro para garantir as inversións nas explotacións agrarias e que así, sigan a ser competitivas.

Lea también

El Plan Único de la Diputación de A Coruña invierte 100M€ en sus ayuntamientos en 2024

El Plan Único alcanzará en abril una cifra récord que se destinará a financiar obras, …