A Directora xeral de Xuventude visitou aos ferroláns participantes en programas autonómicos

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe en Ferrol a quinta xuntanza de traballo cos mozos que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro.

Esta iniciativa ten como obxectivo o de escoitar as súas conclusións á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas suxestións, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia.

Cecilia Vázquez explicou na xuntanza que «estas reunións forman parte das accións de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación desta administración». Nesta ocasión, os mozos que participaron na xuntanza foron os das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Ademais, Cecilia Vázquez tamén mantivo unha xuntanza cos alcaldes e concelleiros de xuventude destas comarcas co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica, e de presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez está a manter un total de 14 encontros con mozos de toda Galicia así como cos responsables de xuventude dos concellos. As xuntanzas xa se celebraron en Chantada, Lugo, Noia, Melide e Ferrol, e nas vindeiras semanas terán lugar en A Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, Betanzos e Carballo.

Lea también

Desarticulado un grupo dedicado al robo de herramientas en la Costa da Morte

El arresto de los tres individuos que formaban parte del grupo, dos hombres y una …