Medio Rural traballa co sector cunícola galego para mellorar a súa liquidez

A Consellería do Medio Rural traballa co sector galego produtor de coello para mellorar a súa liquidez diante das dificultades polas que atravesa a causa dos baixos prezos deste produto.

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse esta mañá en San Caetano con gandeiros deste sector, acompañados por un representante de Unións Agrarias. Nesta xuntanza, a directora informoulles das xestións realizadas desde o último encontro con este colectivo. Así, faloulles das axudas á moratoria dos préstamos que as explotacións do sector cunícola tiveran contratados con entidades financeiras, vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria. A axuda consiste no pagamento do importe dos xuros que correspondan ata dous anos de carencia na amortización destes préstamos.

Por outra banda, a directora xeral comprometeuse a estudar o incremento da porcentaxe de axuda que aporta a Consellería para a retirada de cadáveres neste sector, dado o incremento do custo que se deu nestes últimos anos, por riba da medida do resto de sectores.

Ademais, os representantes do sector informaron a Belén do Campo do resultado das conversas mantidas con responsables do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente centradas en varios temas, entre os que destaca a regulación das organizacións de produtores do sector cunícola. Isto permitiría que poidan acceder ás axudas previstas no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, que serían un gran estimulo para este sector neste período de crise polo que están a pasar.

Lea también

Comienzan los nombramientos de cargos en la Xunta. Martina Aneiros regresa como delegada de la Xunta en Ferrol

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, profundiza en la reforma del Gobierno autonómico con …