A Xunta impulsa a reestruturación parcelaria para impulsar o rural galego

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo director de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, reuniuse esta mañá coas xuntas locais de zona das concentracións parcelarias de Barbeito e San Vicenzo de Curtis, no concello coruñés de Vilasantar, para explicarlles os investimentos e actuacións que se levarán a cabo nesta área ao longo deste ano. Ambos proxectos forman parte dos 137 procesos de reestruturación abertos na nosa comunidade e que se pretenden rematar administrativamente nos próximos 4 anos., supoñendo un novo impulso para o rural galego.

Trátase do plan de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, que afecta a unha superficie total de 119.003 hectáreas e conta cun orzamento de máis de 22 millóns de euros para o 2016. «É a primeira vez dende hai sete anos que se fai esta aposta económica pola ordenación do territorio, fronte aos 8 millóns que, de media, se investiron nos últimos exercicios. Así, se lle da un novo impulso á reestruturación parcelaria en Galicia co obxectivo de que o 80% das zonas vivas da comunidade estean administrativamente finalizadas neste prazo de tempo, é dicir, que cheguen á firmeza do acordo», asegurou Vázquez.

Durante a visita, a conselleira declarou que «a reestruturación parcelaria é fundamental para o despegue socio-económico do agro galego, posto que permite o redimensionamento das explotacións agrarias, facéndoas máis rendibles e abaratando os custes de produción, polo tanto, sendo máis competitivas no mercado».

«Ademais, entre os beneficios destes procesos está a mellora das vías de comunicación con novos camiños que contribúen a facilitar os desprazamentos dos veciños e, polo tanto, mellorar tamén a calidade de vida no rural», engadiu.

Lea también

Asotrame impulsa una jornada para poner cara al cáncer hematológico

La Asociación gallega de trasplantados de médula ósea (Asotrame) organiza este viernes 26 de abril, …