A Xunta autoriza as expropiacións para a execución da mellora da estrada Fene-Mugardos

O Consello da Xunta aprobou esta mañá o decreto o polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora do trazado na estrada Fene-Mugardos (AC-133), en O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financia este proxecto mediante a achega dun investimento de máis de 220.000 euros.

Estas actuacións teñen como obxecto a mellora da estrada autonómica AC-133, entre os puntos quilométricos 9+600 e 10+000, no concello de Mugardos. Neste treito da infraestrutura localízanse dúas curvas de raio reducido, que se eliminarán executando un trazado alternativo máis cómodo e seguro.

Ademais, prevese a optimización de dúas interseccións existentes, nas cales se habilitará unha semiglorieta que permitirá os xiros e o cambio de sentido en condicións máis seguras.

A primeira é a situada no p.q. 9+600, cruzamento coa estrada DP-3504, na cal se disporá un central de espera, para o que será necesario ampliar a plataforma da estrada neste punto; e a segunda é o cruzamento coa vía municipal coñecido como rúa Peneda.

A Xunta, co avance nestas actuacións, cumpre o seu compromiso cos veciños desta zona, que viñan solicitando a mellora desta estrada. Coa realización deste proxecto preténdese, por unha parte, aumentar a comodidade da circulación ao ampliar o raio das curvas, e ademais incrementar a seguridade e facilitar os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

Lea también

Cedeira impulsa excursións escolares á Capelada

O Concello de Cedeira quere promover as excursións de grupos escolares á Serra da Capelada, …