Eliximos Narón denuncia máis deficiencias no proxecto da praza do colexio de Xuvia

Fot. JJ Pita
Fot. JJ Pita

Eliximos Narón sinala que  pasado decembro xa alertaron cunha nota de prensa «dos despropósitos do proxecto para a praza do Colexio de Xuvia, e agora estamos a asistir a unha polarización interesada do debate cara a tala dos arbores, pero hai moito máis en xogo»

TEMAS EN XOGO

ENE sinala unha serie de temas a destacar, entre eles:

1. A redución do tamaño da propia praza a favor dos aparcamentos.
2. A inclusión de elementos inseguros nunha zona de xogos, xa que as xardineiras fanse con bordo
de chapa de aceiro de 3 mm. sobresaíndo 5 cm. do solo que ante unha caída sobre ela actúan
case como un coitelo provocando importantes danos engadidos aos da propia caída.
3. A inclusión dunha zona específica de xogos que, a diferenza doutras coma os parques infantís
que contan con un solo de caucho evita danos ante caídas, faise directamente sobre o formigón
cunha simple pintura (¡e a que custo!).
4. Costes e gastos pouco xustificables coma, por exemplo:
a. Facer una capa de formigón de 10 cm. de espesor e reforzada con fibras, sobre a xa
existente capa de formigón.
b. Un custo de 1.413 euros para pintar no solo tres xogos: tres en raia, unha mariola e un
labirinto»

«Este é só un exemplo da falta de control e da improvisación con que se están a facer os proxectos e
obras en Narón, sen deixarnos tempo nin aos veciños nin á oposición a poder estudar as propostas de
actuación.
Agora o debate ao que nos quere levar a alcaldía é ao de que podemos perder a inversión de 95.000
euros da Deputación, cando o debate debe de estar en como se están a estragar os cartos dos nosos
impostos e en como a súa incompetencia nos pode levar a este debate ficticio.
E sabemos que é un debate ficticio porque ¡xa non é a primeira vez¡, pois o proxecto da reitoral de
Pedroso, cando estaba aprobado pola Deputación e aberta a licitación tubo cancelarse para refacer o
proxecto, tralas denuncias de Eliximos por non cumprir coa normativas da construción, ademais de
outras moitas deficiencias que finalmente non quixeron corrixir, mais a inversión non se perdeu.
Dende Eliximos reiteramos as peticións feitas sobre este e outros proxectos que entendemos
necesarias para beneficio de todos os naroneses» remata o cumunicado.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …