O Pazo da Cultura de Narón acolle o segundo espectáculo do Festival do Monólogo Teatral «Singular»

O Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá xoves o segundo espectáculo incluído no Festival do Monólogo Teatral Singular, organizado conxuntamente polo Padroado da Cultura de Narón e a produtora teatral Eme2. Arte de las putas, una historia de amor, peza protagonizada por José L. Esteban, chegará ás instalacións do Pazo da man de Jotacción a partir das 20:30 horas.

O espectáculo, dirixido ao público adulto, ten unha duración de algo máis dunha hora. Neste tempo o público presenciará unha obra que remontará ao público aos clásicos, a esas historias que os nosos ancestros queren transmitirnos e na que non faltarán o humor, a ironía e a música.

O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

O Festival do Monólogo Teatral Singular inaugurouse o pasado venres, día 1 de abril, con Monólogo do imbécil, escrito e dirixido polo naronés José Prieto e protagonizado por Xosé Antonio Touriñán. Este ciclo impulsado desde o Padroado da Cultura e Eme2 rematará o vindeiro 22 de abril.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …