Entregáronse os premios do concurso «Tapeando Cabanas»

cabanas-tapeandoNo Concello de Cabanas entregáronse os premios ós participantes da votación na primeira edición do concurso de tapas «Tapeando Cabanas», así como o trofeo ó local creador da tapa gañadora.

De entre as mais de 200 persoas de mais de 15 concellos distintos que se achegaron para probar as tapas, saíu como  gañadora a presentada polo BK22, cas súas «Carrilleiras de tenreira ó Pedro Ximenez sobre timbal de puré de pataca e grelos con cremoso queixo do Eume».

O Concello fixo entrega dunha placa conmemorativa ó gañador, así como o sorteo de 2 entradas para un espectáculo no Teatro Jofre e unha estancia para dúas persoas nun balneario entre todos os que participaron votando pola súa tapa preferida. Pola súa banda, os locais colaboradores tamén fixeron entrega de agasallos. Restaurante La Solana, Café Bar Yellow, Café La Encina, BK 22, Ambigú C.C.R.D. San Martín do Porto, Chiringuito Los Pinares e O Chiringuito obsequiaron cunha cea cada un, A Estrela do Eume, The Guam Cafetería e O Mesón entregaron un surtido de viños, a Churrería Las Vegas un almorzo ou merenda para 4 persoas, e o Hotel Apartamentos Sarga dunha estancia para dúas persoas en temporada de verán.

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …